O vindeiro 3 de abril fará 34 anos das primeiras eleccións municipais da democracia. Aquela data marcou un antes e un despois para pobos, vilas e cidades que ían vivir as tres décadas de maior progreso e transformación da súa historia, pero tamén foi un dos momentos máis relevantes para os socialistas que dende os concellos levamos a cabo boa parte do noso ideario. Servizos sociais, medio ambiente, cultura, educación, transporte, vivenda, etc. o municipalismo foi un marco privilexiado onde recrear as políticas de xustiza e cohesión social e converteuse na primeira barreira fronte á exclusión e á desigualdade.