Nin é a primeira nin ha ser a derradeira vez que se expoña a prioridade do eixo Ferrolterra/Ortegal- A Coruña-Compostela-Arousa-Pontevedra-Vigo-Porto-Lisboa-Sétubal para vertebrar o noso futuro económico. Porque a eurorexión Galicia-Norte de Portugal xunta 6 M de habitantes e algúns dos principais portos de toda a fachada atlántica europea, privilexiados hubs do tránsito marítimo entre a Canle de Panamá e a América atlántica coa Europa atlántica.