Os sindicatos quéixanse dunha escasa ou nula participación tanto do empresariado como da administración autonómica para a prevención de riscos laborais. Estas críticas foron máis fortes en xuño de 2024 polas mortes no 'Argos Georgia' e logo no mes de agosto por outras catro mortes en accidentes laborais. Os empresarios falan da necesidade de adaptarse aos novos contextos laborais dentro dun marco de actuación público-privada, os sindicatos e forzas políticas da oposición falan de perdas millonarias en cursos de seguridade que non deron resultado
  comenta   0
O mes de agosto concentrou en quince días catro mortes por accidente laboral. Unha concentración de falecementos inusitada para algúns grupos políticos e para a maioría dos sindicatos. Os factores que poden estar detrás desta sinistralidade son variados aínda que case todos apuntan a falta de prevención ou non cumprir coas medidas de seguridade no posto de traballo
  comenta   0
As vagas de calor continuadas fan que algúns sectores laborais estean máis expostos á sinistralidade laboral. O Goberno central quixo frear o risco que levaba traballar en horas centrais do día con temperaturas moi elevadas. Aínda así, as forzas sindicais denuncian que non se están cumprindo normativas en seguridade laboral e sectores como os estaleiros e outros que implican unha forte carga de estrés térmico para os e as traballadoras
  comenta   0
A iniciativa parte da 'Estratexia de Seguridade e Saúde non Traballo de Galicia: Horizonte 2027', promovendo a saúde integral no traballo.
Pablo Fernández destaca a colaboración entre o Issga e a Consellería de Sanidade na implementación do Plan Reduce Radón, durante a xornada técnica sobre o radón no ámbito laboral.
  comenta   0
A provincia de Pontevedra leva rexistradas xa oito mortes relacionadas co lugar de traballo. O último deceso acontecía o día 8 de abril en Ponteareas. Con anterioridade un operario caera desde unha altura con resultado de morte e outro traballador morría nun accidente cunha pa mecánica. As causas das mortes no contexto do lugar de traballo son moi diversas mais tamén parece haber consenso en que non hai suficiente cultura da seguridade laboral.
  comenta   0