"Os máis mozos,son do mundo urbano e non son galegofalantes, como tampouco o son os que chegan de Venezuela, Colombia, África, que non entenden o tema da lingua", asegura o sacerdote Rubén Aramburu. Abderrahim el Aziri Sounni, voceiro da Comunidade Islámica, di que aprendeu galego vendo a serie "Pratos Combinados".