Denuncian que os gobernos "seguen sen ter" un plan industrial co que facer fronte a esta situación, xa que "son moitos os meses vividos" desde que se anunciou o peche da central térmica en decembro de 2019.
  comenta   0
Nun comunicado emitido este luns, a central nacionalista denunciou o "fracaso" da Estratexia de Transición Xusta nos seis anos desde a súa creación á hora de ofrecer alternativas "á destrución de emprego e as perdas socioeconómicas" asociadas ao peche das térmicas.
  comenta   0
Os socialistas defenderon durante a súa intervención no pleno que se siga unha "solución similar" para os terreos da térmica ao seguido en Meirama, onde se considera manter o seu uso industrial
  comenta   0
A operación levou a cabo, segundo apuntou entón a empresa, "coas máximas medidas de seguridade, o mínimo impacto ambiental e cun cumprimento rigoroso da normativa vixente".
  comenta   0
Unha apagada a caldeira, a planta entrará nunha fase de transición cara a "unha situación segura", que implicará traballos de baleirado, limpezas e desconexións eléctricas.
  comenta   1
Axentes da Policía Local detectaron e denunciaron a un veciño da cidade, S.P.G., de 59 anos de idade, ao que sorprenderon extraendo ilegalmente navalla na praia de Areíño, no barrio de Teis, e que foi detectado a través das cámaras térmicas do dron da Unidade Félix. Dáse a circunstancia de que o pasado xoves pola noite, detectaron a outro 'furtivo', un veciño da cidade de 53 anos de idade, que tamén foi localizado grazas ás cámaras térmicas, e que, igualmente, estivera extraendo navalla ilegalmente.
Así o denuncia a CIG, que explica que nestes concursos as empresas competidoras deben presentar proxectos de enerxía renovable pero tamén iniciativas industriais con compromiso de creación de emprego nas localidades afectadas e, ademais, formalizar un aval sobre o resultado do concurso que, de non cumprirse os compromisos, perderían.
  comenta   0
Tamén se están apoiando proxectos municipais, como o desenvolvemento dun centro loxístico no polígono industrial de Penapurreira, nas Pontes, que dea servizo ás empresas con problemas de almacenaxe e ao transporte por estrada afectado polo peche da central, adxudicado a través dunha convocatoria en 2021.
  comenta   0