Xa é unha moda: o dron da Policía Local de Vigo detecta novamente a un 'furtivo' extraendo navalla en Teis
Axentes da Policía Local detectaron e denunciaron a un veciño da cidade, S.P.G., de 59 anos de idade, ao que sorprenderon extraendo ilegalmente navalla na praia de Areíño, no barrio de Teis, e que foi detectado a través das cámaras térmicas do dron da Unidade Félix. Dáse a circunstancia de que o pasado xoves pola noite, detectaron a outro 'furtivo', un veciño da cidade de 53 anos de idade, que tamén foi localizado grazas ás cámaras térmicas, e que, igualmente, estivera extraendo navalla ilegalmente.
Por Europa Press / Redacción | VIGO | 02/10/2023 | Actualizada ás 14:56