Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/07/2019 | Actualizada ás 14:10
A provincia da Coruña acolle a partir deste luns varias xornadas sobre robótica, pilotaxe de drones, creación de aplicacións e videoxogos ademais de animación 3D, dentro do programa 'TechKids'. A iniciativa está organizada polo colexio profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) xunto coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) e levará a cabo este luns no Concello de Oroso, mentres que o martes en Fisterra.
Así, a cita enmárcase dentro do Plan Digitalent de Amtega e, segundo informa esta entidade nun comunicado, a finalidade do programa é a de "fomentar" o interese pola ciencia e a tecnoloxía entre a mocidade galega. Durante os meses de verán levarán a cabo varias actividades deste tipo por toda a Comunidade.
ACTIVIDADES
Para este luns e martes están previstas dúas xornadas sobre 'Robótica para tod@s' nas Aulas CeMit dos municipios de Oroso e Fisterra, respectivamente. As actividades mesturan algoritmos e linguaxes co funcionamento de distintos robots. Así mesmo, o público obxectivo son os nenos e nenas de entre 9 e 16 anos.
O obxectivo da robótica, tal e como informou a entidade organizadora, é o de "separar" ao alumnado da pantalla e facer que "interactúe co mundo real" a través dos sensores e dos actuadores dun robot.
Por iso, as actividades consistirán en "mini retos" a través dos cales aprenderán as partes dun robot, circuítos, condutividade así como a función que estes desenvolven, ademais de debuxar, recortar, pegar e construír así o control do mesmo. Os participantes competirán por ver quen constrúe máis rápido o MBot --robot comercial--.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.