Ex-traballadores de Poligal din sentirse "abandonados" polo Ministerio de Industria e pola Xunta

Volveron concentrarse ante o edificio administrativo da Xunta en Ferrol.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/08/2019 | Actualizada ás 16:58

Comparte esta noticia

Ex-traballadores da empresa Poligal, dedicada á fabricación de filme de polipropileno para o sector da alimentación, situada no polígono industrial da Gándara, en Narón (A Coruña), volvéronse concentrar ante o edificio administrativo da Xunta en Ferrol para denunciar o "abandono" que, ao seu entender, sofren tanto por parte do Ministerio de Industrial como da Xunta.

Concentración de ex-traballadores de Poligal diante da Xunta en Ferrol.
Concentración de ex-traballadores de Poligal diante da Xunta en Ferrol. | Fonte: Europa Press

Nunha protesta secundada por uns 30 ex-operarios, Bernardo Cabezal (CIG) denunciou que "tras a realización dunha pregunta parlamentaria no Congreso, formulada pola deputada Yolanda Díaz (Unidas Podemos), na resposta dada desde o Ministerio de Industria asegúrase que están a traballar coa Xunta e co Igape, na mesa de traballo, para buscar unha solución", mentres que o Goberno galego asegura "que non teñen coñecemento de ningún trámite realizado con eles", abundou.

Por iso, o representante sindical asegurou que "aquí alguén está a mentir". "O que nos parece bastante grave, están a xogar connosco e están a xogar ao bipartidismo entre eles", criticou.

Pola súa banda, o que foi presidente do comité de empresa, Rafael Souto (UGT), asegurou que "non hai negociacións".

"Vimos aquí a demandar á Xunta para que axilice este tema, ademais de para reclamar ao Ministerio de Industria que meta xa dunha vez a cabeza aquí, xa que non fixo nada e estamos despedidos desde o 12 de xuño", explicou.

O seguinte encontro programado da mesa de traballo formalmente constituída "está calendado para o 30 de agosto", indicou. "E o único que sabemos é que había un grupo investidor de capital risco con algún interese, pero descoñecemos como está a situación e a xestión a estas alturas", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Juancho

E non veu Yolanda Díaz a facer un posado fotográfico con eles ?