Homenaxe a Moncho Reboiras durante o 44 aniversario da súa morte a disparos da Policía

O líder da UPG, Néstor Rego citou que "desde o nacionalismo vese que o sistema autonómico non serve para resolver problemas".

Por E.P. | Cobas (Ferrol) | 12/08/2019 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

A Unión do Pobo Galego (UPG) celebrou este luns varios actos en distintos puntos da xeografía galega para render homenaxe ao sindicalista Moncho Reboiras, abatido a tiros pola Policía hai 44 anos, na rúa da Terra de Ferrol, tras protagonizar unha fuxida por varias rúas da cidade naval.

Neste lugar, Néstor Rego, secretario xeral da UPG, ha destallado que este acto de homenaxe a Reboiras "ten un significado de xustiza evidente, ao lembrar unha vítima da ditadura franquista e un compañeiro que foi asasinado en 1975 por ser nacionalista e un patriota galego".

Así, incidiu en que "coa vixencia de Moncho Reboiras está a reclamarse un proxecto político vixente, como o que representa o nacionalismo e que reivindica a soberanía para Galicia, con capacidade para decidir e poder así saír da actual situación, de atraso económico, precariedade, emigración e poder desenvolver todas as potencialidades que temos".

Rego citou que "desde o nacionalismo vese que o sistema autonómico non serve para resolver problemas". "Vemos que os problemas agrarios, da pesca ou da industria, con milleiros de postos de traballo en risco, como temos a día de hoxe nas compañías electrointensivas (...) dependen dunha decisión que tome o Goberno de Madrid", advertiu. É por iso que Rego concluíu que "Galicia necesita capacidade de decisión propia, de soberanía, tal e como sostiña Moncho Reboiras". "Aí está o futuro", remachou.

ACTOS

A UPG, formación da que era militante Reboiras no momento da súa morte, realizou unha ofrenda floral ao mediodía no cemiterio de Imo en Dodro, onde descansan os restos mortais do nacionalista, que foi un dos impulsores do Sindicato Obreiro Galego, antecedente da CIG.

A continuación, no local da SCDR Agarimo de Sillobre, en Fene (A Coruña), celebrouse unha comida popular onde Pilar García Negro ofreceu a conferencia 'Lingua galega: Todo pasa por ela'.

Xa durante a tarde, a homenaxe ao tamén traballador da antiga Astano proseguiu en Ferrol, cunha concentración na praza de Armas, que continuou no lugar da rúa Terra onde foi asasinado Moncho Reboiras, para cantar a Internacional e realizar unha ofrenda floral.

A continuación, a homenaxe clausurouse coas intervencións políticas no Cantón de Molíns de Ferrol, a cargo de Mercedes Tobió, responsable comarcal do BNG; Paulo Ríos, secretario xeral da UMC e , portavoz municipal do BNG en Ferrol; Susana Méndez, sindicalista e Néstor Rego, secretario xeral da UPG.

Homenaxe a Moncho Reboiras
Homenaxe a Moncho Reboiras | Fonte: galiza.indymedia.org

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

1 Gamela

o sistema autonómico non sei se serve para resolver os problemas de Galicia, pero semella que resolve os problemas do BNG pactando co PSOE de Carmela Silva en Pontevedra! E postos a recordar mortos, aquí temos un que segue a reclamar xustiza! https://i.gal/gamela04

1 Gamela

A produción da película sobre Baena foi posible grazas a Mario Madueño e Samuel Martínez (coa axuda de Amnistía Internacional na difusión raquítica deste film) / E nalgún momento o programa DocumentosTV coloulle un gol a TVE ao emitir este documental... Pero resulta moi triste que os mortos teñan marca: UPG ou FRAP que máis dá? Asesinados foron todos!!! https://youtu.be/IRsimQ_vYUc

2 Ferrolá

Volta a vaca ó millo! Vostede sempre a comentar "o seu libro". Haberá algo neste mundo que non lle lembre á súa teima anti-BNG-UPG?

3 Gamela

Pois pensaba que estaba claro... http://www.galiciaconfidencial.com/... pero se levamos 50 anos cun proxecto fallido algo poderemos dicir sobre o asunto... ou? Especialmente despois das últimas eleccións supoño que algún día a UPG recoñecerá que sacrificar ao "becario" no Concello de Vigo por un pacto na Deputación de Pontevedra con Carmela Silva... non é precisamente o camiño de AgoraRepúblicas ???