Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/08/2019 | Actualizada ás 14:53
O avistamento dun grupo de quenllas marraxo obrigou a varios bañistas a saír da auga na praia da Frouxeira, en Valdoviño (A Coruña), segundo informanfontes de Protección Civil.
Segundo estas fontes, foi nunha zona concreta dese areal na que os bañistas avistaron "marraxos pequenos", polo que, "por precaución", os socorristas instaron a abandonar a auga.
En calquera caso, non houbo ningún incidente, precisan as mesmas fontes, nunha xornada na que o regreso do anticiclón en plena ponte de agosto levou a numerosos galegos e turistas a desprazarse ás praias, tras varias xornadas de mal tempo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.