Rescatados tres españois tras envorcar a súa embarcación no río Miño en Caminha

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2025 | Actualizada ás 09:50

Comparte esta noticia

Tres persoas de nacionalidade española foron rescatados este mércores tras envorcar a súa embarcación no río Miño, á altura da localidade portugesa de Caminha. Os tres implicados foron trasladados á PAC da Guarda.

Uns 20 minutos despois das 22.00 horas, o 112 Galicia recibiu un aviso da Comandancia Naval Portuguesa por unha embarcación envorcada na desembocadura do río Miño, en Caminha, preto da zona da insua grande.

Ademais, indicaban que era preciso facer o rescate dos tripulantes do barco, un total de tres persoas. Os xestores do 112 Galicia informaron enseguida a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao grupo acuático dos GES da Guarda e á Garda Civil.

Os servizos de emerxencia do país veciño confirmaron que as tres vítimas xa se atopaban fóra da auga. Indicaron que estaban conscientes e sen sufrir danos, aínda que con síntomas de hipotermia, polo que foron trasladados ata o Centro de Saúde da Guarda.

Desembocadura do río Miño entre A Guarda e Caminha
Desembocadura do río Miño entre A Guarda e Caminha

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta