Ana Pontón, sobre a asistencia a actos relixiosos: "Como cargos públicos non debemos participar"

A raíz da presenza dun dos dirixentes locais do BNG de Mondariz nunha procesión relixiosa da localidade, Ana Pontón asegurou que, como organización, teñen unha posición moi clara ao respecto: cren na separación de poderes Igrexa-Estado, pero "Outra cousa son as crenzas persoais de cadaquén".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 26/08/2019 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

Un dos dirixentes locais do BNG de Mondariz, Alexandre Estévez Gil, acudiu a semana pasada a un acto relixioso xunto con concelleiros do PP. Este feito, que podería pasar por anécdora, causou certa sorpresa en sectores da esqueda e do propio BNG.

Rolda de prensa da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, tras a Executiva Nacional.
Rolda de prensa da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, tras a Executiva Nacional.

Preguntada sobre deste tema, a portavoz nacional do partido, Ana Pontón, asegurou que teñen unha posición moi clara como organización nacional. "Cremos na separación de poderes Igrexa-Estado, e polo tanto, como cargos públicos non debemos participar". Con todo, fai unha diferenciación co nivel persoal: "outra cousa son as crenzas crenzas persoais de cadaquén, que nós respectamos", asegura. "Formamos parte da pluralidade da sociedade galega".

O certo é que os principais dirixentes da formación son contrarios a participar en eventos de tipo relixioso, e mesmo teñen criticado a dirixentes doutros partidos da esquerda por facelo, como é o caso de Yolanda Díaz, agora no núcleo duro de Pablo Iglesias. Neste caso, Estévez Gil é un dos homes fortes do BNG de Mondariz e unha das persoas da máxima confianza do alcalde, o nacionalista Emilio Barros. Durante o día grande das festas da Peña de Francia, o pasado 15 de agosto, este cargo participou en primeira fila cos concelleiros do PP na procesión relixiosa. Mentres, tanto o alcalde, Emilio Barros, coma os dous tenentes de alcalde do BNG, Leopoldo Tato e Lita Carballo, agardaban na praza central de Mondariz.

PACTO ENTRE BNG, PSdeG E PP

Esta boa relación entre nacionalistas e populares en festas relixiosas coincide, ademais, co pacto acadado entre BNG, PSdeG e PP neste concello, onde os populares apoiaron a investidura de Emilio Barros como alcalde a pesar de que a marea local, Alternativa por Mondariz, fora a máis votada.

O acordo do PP co BNG en Mondariz foi moi criticado por dirixentes nacionalistas, entre eles, o ex voceiro nacional desta formación Guillerme Vázquez. Con todo, a dirección do BNG apoiou este acordo alegando que fora o PP quen apoiara ao BNG e que non había pacto. Este caso foi xulgado de xeito diferente ao de Catoira, onde a Executiva nacionalista abriu expediente de expulsión aos seus edís por pactar co PP para que lle dera a alcaldía en detrimento do PSOE.

CATOIRA

Preguntada sobre este expediente na rolda de prensa posterior á Executiva deste luns, a líder do BNG evitou comentar en que situación se atopan os edís nacionalistas que se atopan apartados puntualmente da militancia ata que se resolva a súa situación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

1 Violeta 4

Di Pontona que os do BNG non poden participar en actos relixiosos. Entón tampouco poden acudir ás reunións do Politburó da U. o máis fanático acto relixioso de Galicia.

1 Violeto

Ola Violeta, chámase Pontón, Ana Pontón. Por unha cuestión de respecto deberas chamarlle Pontón. Por unha cuestión de valentía o de PontonA dillo na cariña, si? Ah, que es dos que á cara non di nada? Xa sei, xa

2 nostrus

Violeto, non te alporices tanto porque ao mellor violeta só esta a facer linguaxe inclusivo co que tanto lle gusta facer o ridiculo a benegas e podemito/as. Por outra banda resulta chocante que os que tanto estan atados ao pasado, as tradicions e a cultura logo sexan eles os primeiros en rechazala renegando das tradicions.

3 Violeta 4

Ben falado Nostrus. A Pontona será Pontona mentres que o BNG faga linguaxe inclusivo e galeguice nomes casteláns.

4 Roxalia

Violeto, os blocallos que vos alporizades cando se lle chama "Pontona" á vosa Adorada Lideresa, sodes os mesmos que logo lle chamades a Yolanda Díaz de todo menos bonita. "Y lo sabes".

5 Viol

Nostrus, Violeta4, Roxalia, non dicides nada de dicirllo á cariña. Que miedo, que miedito!!! País de ananos, ja ja ja. Vou á praia, beixos

6 anonimo

Que gran nivel intelectual. Segundo a RAG pontón “Cada un dos madeiros, a modo de pequenas vigas, que van de trabe a trabe e nos que van cravadas as táboas do piso, do teito, ou sobre os que descansan as tellas.” Pontona non existe nin na RAG, nin na RAE.