Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 12/09/2019 | Actualizada ás 17:30
Traballadores da empresa Isowat na Coruña reclamaron a "implicación" da Xunta para garantir a continuidade dos seus empregos ante a proximidade da finalización do expediente de regulación temporal de emprego (ERTE).
Fixérono coincidindo cunha concentración celebrada ante a Delegación Territorial da Xunta na Coruña, que contou coa presenza da portavoz do Grupo Común da Esquerda, Luca Chao.
O presidente do comité de empresa de Isowat, Cándido López, manifestou que descoñecen se o houbo contactos entre Abanca, "que ten a hipoteca sobre os terreos e a nave, e o posible investidor".
"Pedimos a implicación da Xunta e tamén do Ministerio do Interior", asegurou Cándido López. Respecto diso, lembrou que o próximo día 1 remata o ERTE para o persoal, integrado por 66 empregados, "co que se pasará a cobrar o 50% ao pasar ao paro", expuxo.
Como o representante do comité de empresa, Luca Chao manifestou que "urxe que a Xunta se comprometa a mediar coa banca para buscar unha solución que garanta o futuro destes empregos e da industria galega".
Tamén reprochou ao Goberno de Feijóo estar a converter Galicia nun "deserto industrial" e preguntouse que "está a facer para paliar o drama da perda de postos de traballo".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.