Ten o BNG posibilidades de volver ao Congreso tras o acordo con CxG?

Ana Pontón e Juan Carlos Piñeiro (CxG) convencidos de que haberá presenza nacionalista en Madrid. Nin BNG, nin CxG cren que a irrupción de Más País poña en perigo que Galicia teña "voz en Madrid, tras a decisión de En Marea e Anova de non presentarse o 10N. Bloque e CxG defenden unha axenda "galeguista e nacionalista" tras o pacto acadado estes días.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 07/10/2019 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

A única enquisa con selo galego, a encargada por Sondaxe –empresa vinculada a La Voz de Galicia--, apunta que o BNG volverá a ter representación en Madrid. Un deputado pola provincia da Coruña que, nos anteriores comicios, quedou a 12.000 votos. 12.000 votos que nesta ocasión a voceira nacional do BNG, Ana Pontón, está convencida que están ao alcance e que, “desta vai”.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro | Fonte: EP

O certo é que na dirección do BNG están convencidos de que, desta volta, non hai escusas para non chegar a Madrid. O nacionalismo non acode dividido, como nos anteriores comicios. Non haberá papeletas nin de Anova, nin de En Marea e a dirección de CxG decidiu integrarse nas listas do Bloque tal e como informou GC este domingo.

Este acordo de última hora, a pesar dos malestares que está causando entre a militancia dun e doutro partido, ten coma finalidade, precisamente, dar un empurrón á “vía nacionalista e galeguista" para ter representación en Madrid. Por iso, tanto Juan Carlos Piñeiro, secretario xeral de CxG, coma Ana Pontón, están convendidos de que o vindeiro 10 de novembro haberá presenza galega en Madrid.

COMO SE FRAGUOU O ACORDO

Este luns os dous dirixentes escenificaron un acordo que levaba días fraguandose tal e como informou Galicia Confidencial. Un acordo polo que CxG pedirá o voto para o BNG a cambio de que varios dos seus dirixentes vaian nas listas do Bloque. Así, como número 6 pola Coruña concorre Montserrat Almozara Cordeiro; como número 5 por Pontevedra, Berta Roldán Pimentel; como suplente ao Senado por Lugo preséntase Xabier Vázquez García, ao igual que Celso Sánchez González por Ourense.

O BNG informou a súa militancia deste acordo no Consello Nacional do pasado 28 de setembro, cando anunciou os seus cabezas de lista e días antes que rematara o prazo para ir en coalición. O Bloque xa pechara a porta a En Marea pero non a CxG. A condición era que foran integrados nas listas do BNG. En días posteriores tamén fracasou un acordo entre En Marea e CxG, xa que o BNG non aceptaba ir en coalición con En Marea e CxG non quería ir en coalición coa formación de Villares senón asumían ir integrados dentro do BNG. Finalmente, o pacto só se deu a dous baixo as condicións do Bloque.

Trátase de facer política útil xa que ven unha época de traballo e temos que estar ao servizo do noso país”, dicía Piñeiro deste pacto. “CxG apoia a candidatura do BNG porque é a única que defende os intereses de Galicia”, engadía Pontón durante a presentación deste acordo que ten coma finalidade “defender os intereses de Galicia” e “acadar voz en Madrid”.

Por iso, os dous dirixentes amosaronse convencidos de que desta volta se dan as condicións necesarias para que o BNG teña represenación no Congreso, primeiro pola suma de forzas nacionalistas e, despois, pola decisión de En Marea e de Anova –os outros dous polos nacionalistas-- de non presentarse. 

Nos pasados comicios o BNG obtivo 93.800 votos, e o 5,74% de porcentaxe. En Marea acadou 17.700, o 1% e CxG, 2.760 papeletas, 0,17% dos votos. Sumando só o conxunto destes votos, o BNG estaría en condicións de acadar case 115.000 votos, tendo en conta que só aglutinara todo o voto nacionalista. De ser así, e tendo en conta que se pode dar unha baixada de participación nestes comicións, o Bloque podería acadar a acta pola Coruña. 

MÁS PAÍS E VOTO GALEGUISTA

Con todo, a irrupción de Más País no panorama galego podería poñer en risco estas posibilidades. Por iso, e preguntados a este respecto, logo de que a enquisa de La Voz apuntara a que a formación de Errejón pode acadar dous escanos, tanto Piñeiro coma Pontón quixeron deixar claro que as enquisas son iso, enquisas. En todo caso, coincidiron en que Más País non porá en perigo a posibilidade de que o BNG volva a Madrid.

Somos optimistas e desta vai. O que queremos é mobilizar o voto galeguista e nacionalista e facelo con rigor para que o BNG sexa a voz de Galicia en Madrid”, insistiu Pontón. Precisamente, a líder do Bloque aludiu xa ao voto “galeguista”, tras este acordo con CxG, para ampliar os seus horizontes electorais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

9 caxancran

Parabens. O gran Bededicto escribiu unha gran cancion Pola Union.Asi debe ser.con acertos i erros.pero Pola Union. O Diaño non se ha de rir. Imonos todos a unir.Matando rencores mortos....

8 Nada de nada

Nenhuma possibilidade de obterem deputados. Todas as pessoas sabem que essas candidaturas têm na cabeça a membros da UPG. Penso que o eleitorado não não gosta da UPG por todo o que fez no passado, nem sequer muitos dos sectores do galeguismo ou nacionalismo galego. Os candidatos, menos a de Lugo, são os típicos membros do aparelho da UPG de toda a vida que nunca renunciaram a viver da política. Procurando que se retirem definitivamente não os penso votar. Já imagino aos da UPG tentando jusficar no 11 de novembro os péssimos resultados que vão conseguir. Pode ser que incluse perdam votos a respeito das anteriores gerais.

7 un patriota

Tamen xentes de marea están entrando no BNG... por fin viron a luz... por fin saben do que ahí, o que non funcionan son os pactos co MAS MADRID ahí esta o que non funciona... XENTES DA MAREA PIDEN O VOTO PARA FORZAS NACIONALISTAS GALEGAS!!! PIDEN O VOTO PARA O BNG!!!- alguns están rabiando, alguns están rascando a picazón ata o oso, o bloque tiña razón!!!! a tiña desde un principio!!! Galiza terra de espiritualidade eterna!!! Galiza pola sua liberdade e grandeza desperta do teu sono fogar de Breogan

1 nostrus

Xa xa, moita espiritualidade, galeguidade ficticia e patatin patatan, pero de solucionar os problemas para o benestar da xente.....NADA

6 Gladiolo

Xa vin a polemica de xente de CxG que se sinte ninguneada polas redes adiante. Unha mágoa todo este ambiente e forma de funcionar da politica galega. O acordo paréceme ben, é bo para o BNG. CxG levaba tempo defunto. Eu deixo outra pregunta: Que posto lle dará ao JuanCarlos o BNG ou a CIG? Digoo, porque aquí na Mariña, desde que lle cortaron o grifo na UGT non volveu ter traballo e comer comerá, digo eu...

1 A torre de marfil

Son os mesmos de sempre, moi democratas ata que perden as votacions, e como creense o centro do mundo e que nada pode funcionar sen eles o seu cerebro colapsa ao ver que a vida sigue e as veces para mellor. En canto a outra parte do teu comentario simplesmente e de mal gosto.

5 Beria

Non ten posibilidade ningunha de lograr escano no Congreso español. Tería que duplicar os votos de abril e iso non vai a acontecer nunhas eleccións nas que vai medrar a abstención. Para alén, ese discurso machacón BNG=Galiza (ou Galiza=BNG) crea moito rechazo entre o votante galego de esquerda.

1 Un nacionalista

Está claro que o BNG é Galicia. Hai que preguntarlle a Más Madrid se é Galicia... Por certo, moi boa nova a desta cooperación BNG e CxG

2 Daniel

O BNG estivo a poucos votos de obter representación (tivo cerca de 100.000 e faltaronlle algo máis de 10.000). Esta vez pode sumar tamén a votantes galeguistas de CxG e En Marea, o cal o pon máis cerca. É certo que o BNG non é Galiza, pero é parte de Galiza, e é un partido galego cun proxecto claro e coherente que ten a nosa terra e os seus intereses e dereitos no centro. Algo que non poden dicir outros. Eu da experiencia de En Marea destes anos só salvo a Alexandra Fernández que me pareceu unha digna representante de Galiza que se mantivo firme e non aceptou uns presupostos que supoñían un gran recorte do gasto en Galiza. Polo resto, xa se veu a que intereses servían. Por todo isto o BNG preséntase como o mellor instrumento para levar a voz de Galiza. Poden xurdir máis e pode pasar de todo, pero a realidade a día de hoxe é esa.

3 Roxalia

O comentario do tal Daniel é un perfecto resumo de todas as mentiras inventadas polo Sermóns Paliza nos últimos anos. Parabéns polo traballo de síntese.