Como moitos refráns populares iste é un dos que ben pudera valer para reflexionar un chisco sobor da mensaxe que nos deixa. Pois, despois de ver o debate do sábado e o do luns onde un dos contrincantes falaba, apoiándose na constitución actual, de ilegalizar partidos nacionalistas que promulgan ideas que iste persoeiro non comparte e cesar e encadear a persoas ó marxe do poder xudicial, a frase dá pra pensar diante os obxectivos de fondo que persigue.