Os galegos acudirán a votar nunha xornada con choivas intermitentes e temperaturas de ata 15º

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2019 | Actualizada ás 15:59

Comparte esta noticia



Os galegos acudirán a votar este domingo, 10 de novembro, nunha xornada con choivas intermitentes na maior parte da Comunidade galega, con temperaturas máximas que non superarán os 15 graos.

Así o sinalaron a Europa Press fontes de Meteogalicia, que sinalaron que Galicia quedará na influencia dos ventos de compoñente norte, que deixarán unha situación de chuvascos.

Deste xeito, conforme apuntaron desde o departamento que depende da Consellería de Medio Ambiente, espéranse choivas de carácter intermitente intercaladas con momentos de sol.

Estes chuvascos serán máis intensos no norte das provincias da Coruña e Lugo, onde mesmo poderán ir acompañados de sarabia.

Pola súa banda, as mesmas fontes indicaron que as temperaturas máximas quedarán entre os 10ºC e os 15ºC.

Xornada de choiva e sarabia. EUROPA PRESS - Arquivo
Xornada de choiva e sarabia. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Lembra que en VIGO temos xente que VIVE e MORRE na rúa hai TRES anos! https://twitter.com/GamelaNova/stat...