Xornada de reflexión.- G. Caballero e Ana Ponton apelan á participación" este domingo

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, fixo un chamamento á "alta participación"este 10N. Tamén n Pontón que destaca a necesidade de ir votar.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2019 | Actualizada ás 12:41

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, fixo un chamamento á "alta participación" nos comicios xerais deste domingo 10 de novembro, porque "é bo" en democracia, e apelou a "que cada un vote en liberdade, polo que crea mellor para España" e "para Galicia".

Durante a xornada de reflexión, o líder dos socialistas galegos reuniuse en Santiago cos catro cabezas de lista do PSOE ao Congreso polas circunscricións de Galicia: Pilar Cancela (A Coruña), Olga Alonso (Pontevedra), Marina Ortega (Ourense) e Ana Prieto (Lugo).

Así, os socialistas aproveitaron a xornada de reflexión para tomar algo no centro histórico compostelán e facer balance dunha campaña electoral "máis curta" que a das eleccións do 28 de abril "pero moi intensa". "Percorremos o conxunto de Galicia, o catro provincias, estivemos nas comarcas, nos concellos do país nunha campaña que transcorreu con normalidade, cunha mobilización crecente", resumiu Caballero, en declaracións aos medios.

Con café con leite en man --"leite con cacao", no caso do secretario xeral do PSdeG--, os cinco fixeron "un pouco de balance" sobre a carreira cara aos comicios deste domingo e comentaron "anécdotas" dos múltiples mitins que protagonizaron ao longo da semana.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, co catro cabezas de lista ao Congreso por Galicia: Mariña Ortega (Ourense), Olga Alonso (Pontevedra), Pilar Cancela (A Coruña) e Ana Prieto (Lugo).
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, co catro cabezas de lista ao Congreso por Galicia: Mariña Ortega (Ourense), Olga Alonso (Pontevedra), Pilar Cancela (A Coruña) e Ana Prieto (Lugo). | Fonte: Europa Press
PONTÓN



A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, valorou a "importancia" de participar este domingo nas eleccións xerais e instou a "pensar no mellor para Galicia".

Así o expresou en declaracións aos medios a líder frontista, quen aproveitou a xornada de reflexión para compartir un vermú co cabeza de lista do Bloque pola Coruña, Néstor Rego, así como militantes e cargos da formación.

Neste contexto, Pontón apelou a que, de cara á cita coas urnas deste domingo, os cidadáns pensen "no mellor para Galicia" e lembren "que a conquista do dereito a voto non foi un agasallo", senón algo polo que "houbo que pelexar".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

eu sei dalguén que está agardando a que abran os colexios para botalos correndo !!! https://twitter.com/GamelaNova/stat...