A secretaria de Estado de Migracións, Pilar Cancela, destaca a necesidade dunha perspectiva global e o compromiso de todas as comunidades para xestionar a chegada de máis de 50.000 persoas ao sistema español.
  comenta   0
O Consello de Ministros aprobou na súa reunión deste martes o real decreto que nomea á socialista.
  comenta   0
A secretaria de Estado de Cooperación Internacional, cualificou de "amoralidade política" a entrega da popular lucense Elena Candia dos anónimos cos que se iniciou a investigación.
  comenta   0
O colectivo secundou unha nova concentración ante a Delegación do Goberno na Coruña
Os letrados da Administración da Xustiza paralizan toda a actividade xudicial e reivindican ademais máis dereitos laborais. Aínda que recoñecen que unha folga indefinida é algo "traumático", confían en "aguantar".
  comenta   0
O aínda voceiro socialista no Parlamento galego carga contra a secretaria de Estado de Cooperación Internacional no Ministerio de Asuntos Exteriores e deputada socialista, Pilar Cancela.
  comenta   1
Gonzalo Caballero móstrase a disposición da dirección, á que cre que "hai que dar tempo" para adoptar decisións.
  comenta   0
Pilar Cancela pide a Gonzalo Caballero e afíns que "se poñan a disposición" da nova dirección tras a súa actitude de "vergoña allea" no Congreso.
  comenta   1
Sánchez actualiza a cúpula do partido cunha executiva máis nova e de presenza feminina.
  comenta   0
Tras coñecerse o seu nomeamento, o actual xefe de filas dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, publicou unha mensaxe no seu perfil da rede social Twitter no que a felicita polo seu novo cargo.
  comenta   0
Nos últimos días están soando, e moito, o nome de Xosé Ramón Besteiro como candidato nunha hipotética lista alternativa no Congreso socialista de final de ano. Pero esa lista non está, nin moito menos, fechada e nela tamén aparecen outros nomes como os de Valentín González Formoso ou Pilar Cancela.
  comenta   0
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, fixo un chamamento á "alta participación"este 10N. Tamén n Pontón que destaca a necesidade de ir votar.
  comenta   1
A deputada socialista lembra que a xente percibiu que había "dous presidentes que actuaban ás costas o un do outro". Suxire que non se repetirá esa fórmula en Galicia.
  comenta   6
Así transcendeu este martes cando se coñeceu que o expresidente do Congreso e tamén exlehendakari, Patxi López, será o novo presidente da Comisión Constitucional do Congreso.
  comenta   0
Arangüena chega á Cámara baixa por primeira vez no que será o seu primeiro cargo institucional. É próximo ao actual líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, en cuxa executiva ocupa a portavocía e vicesecretaría xeral.
  comenta   0
Matizou que os socialistas "non" dan "nada por feito" e seguirán cunha campaña orientada a "explicar e contar propostas, fuxindo da crispación e de levar o debate político ao enlodamiento, que non é o estilo político do Partido Socialista".
  comenta   0
Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz piden aos líderes socialistas galegos que se pronuncien sobre o caso e acusan a Pedro Sánchez de manter a espionaxe.
  comenta   1
O secretario xeral dos galegos chama a votar ao PSOE para frear o avance da ultradereita e como garante do modelo constitucionalista. Agarda que as divisións na esquerda e no nacionalismo galego "poidan recompoñerse da forma máis forte para os seus ámbitos electorais".
  comenta   0
O luns comparecerán de últimos os exministros Branco e Pastor, o que os afectados ven unha decisión "antidemocrática e nada transparente"
  comenta   0
Pilar Cancela, estará na Executiva do PSOE e Lara Méndez, Valentín González e Gonzalo Caballero, no Comité Federal, do que saen o exministro José Blanco; a exportavoz do PSOE coruñés Mar Barcón ou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.
  comenta   0
Asegura que comeza un "tempo novo" e que se renovarán os cinco representantes galegos nese órgano.
  comenta   0
Pilar Cancela dá por feito que haberá varios candidatos a liderar o partido e espera que Galicia "manteña ou mellore" a súa representación nos órganos do partido tras o congreso federal.
  comenta   0
Tras a súa chamada a "endurecer o discurso" no Parlamento galego, defende agora o "excelente traballo" de Leiceaga. Nega que o PSOE cambiara de postura sobre a comisión de investigación do Alvia.
  comenta   1
Lembra que tanto Pedro Sánchez como ela defenderon sempre que a esquerda está "obrigada a entenderse e tender pontes", xa que é "o único modo" para "expor gobernos alternativos á dereita". Evita falar sobre o futuro do partido en Galicia.
  comenta   0
Diego Taibo, Cancela e Formoso lideran a lista de delegados que se fixo por consenso e recolle a proporción das votacións das primarias na provincia.
  comenta   4
Os socialistas galegos terán que elixir agora os representantes ao Congreso Federal do vindeiro mes, onde quederán claros os apoios que os distintos sectores teñen en Galicia. As fontes consultadas apostan por un pacto entre os "sanchistas" e os "pachistas" aos que se poderían sumar os "susanistas", "aínda que, polo momento, é difícil".
  comenta   6
Cancela espera que Ferraz responda a súa consulta sobre a continuidade da xestora e afirma que "non estaría de máis" ter unha resposta, tras concluír o seu mandato o 9 de marzo.
  comenta   0
Os movementos para unha renovación da xestora do PSdeG están a sucederse nas últimas horas. Os propios membros da actual dirección provisional socialista, segundo as fontes socialistas consultadas hoxe por GC, saben que Pilar Cancela ten os días contados no posto.
  comenta   0
Cancela, responsábel da xestora e en teoría próxima a Pedro Sánchez, bota balóns fóra sobre se se presentaría a secretaria xeral. A Pachi Vázquez opta por ignoralo.
  comenta   0
O último cruce de declaracións entre Pilar Cancela e Abel Caballero a conta de Leiceaga aviva as tensións internas. O voceiro parlamentario evita botar máis leña no lume. A falla dunha dirección galega, no fondo dos problemas entre os distintos sectores.
  comenta   4
A presidenta da xestora do PSdeG volve a advertir ao alcalde de Vigo que está a prexudicar o partido. Na lea estatal, Cancela non toma partido, pero coincide no diagnóstico de Pedro Sánchez de que o PSOE está nun intre dramático.
  comenta   1
O presidente da Xunta lembra que o camiño dos socialistas en Galicia é diferente ao do PSOE en Madrid, con acordos co PP e non con Podemos. “Os galegos terán que tomar nota disto”, apunta.
  comenta   1
Pilar Cancela e Luís Villares amósanse favorables a chegar a consensos de goberno sempre e cando se respecte un programa de mínimos que sexa progresista e vaia no ben común da xente. O líder de En Marea fai extensible o acordo ao BNG.
  comenta   10
Alexandra Fernández critica que Felipe VI "sitúe a unidade de España como a panacea" e lémbralle a "realidade plurinacional" e Ana Pontón (BNG) cualifica o seu discurso como "centralista", "triunfalista" e "fóra da realidade social". Pilar Cancela di que o rei "une" aos españois pero bota de menos unha alusión as mulleres asasinadas.
  comenta   11
En Marea ve unha "relación controvertida" entre PP e a empresa de Raúl López, o PSdeG que sexa "coherente" co que pediu a outros e o BNG que inclumpliu a Lei de Transparencia do Bipartito.
  comenta   0
Os socialistas galegos seguen a enredarse máis na súa crise e, polo escoitado este luns, a treboada non ten traza de amainar. Certo é que por parte de Pilar Cancela -co apoio do PSOE da Coruña- o discurso de hoxe foi bastante conciliador, abrindo a porta a que os críticos entren na Xestora que ela preside. Pero tamén é certo que dende o outro bando, o artellado ao redor de Abel Caballero e case toda Pontevedra, o discurso é cada vez máis agresivo, como se estiveran a espera que o continúo desgaste que sofre Cancela a empurre a dimitir.
  comenta   5
Di que a xestora de Cancela "é tan lexítima como outra calquera" e critica a Caballero por non querar entrar nela.
  comenta   0
O sector de Abel Caballero pretende chegar a un acordo co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, sobre o futuro do partido en Galicia. Nin Pilar Cancela, nin a nova xestora do PSOE en Madrid moven peza polo momento.
  comenta   9
Os distintos dirixentes manteñen encontros para fixar posicións e estratexias ante o novo panorama que se abre logo da división do partido en Madrid.
  comenta   0
"Hoxe vin un político con maiúsculas! Non me equivoquei!", di na súa conta de Twitter tras a demisión como deputado do ex secretario xeral do PSOE.
  comenta   4
A dirección provisional de Ferraz deixa sen efecto a competencia do PSdeG para convocar o congreso e as primarias galegas.
  comenta   0
Carmela Silva insinúa que Pilar Cancela é unha infiltrada do PP e fuxe das súas responsabilidades. En resposta as acusacións de falta de implicación na campaña, a política viguesa saca peito dos resultados do PSOE na capital olívica.
  comenta   2