Non haberá nova dirección no PSOE galego até despois do verán

Cancela, responsábel da xestora e en teoría próxima a Pedro Sánchez, bota balóns fóra sobre se se presentaría a secretaria xeral. A Pachi Vázquez opta por ignoralo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2017 | Actualizada ás 21:52

Comparte esta noticia

A presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, non descarta presentarse ás primarias dos socialistas galegos aínda que matizou que, polo momento, non se lle "pasa pola cabeza" facelo.

Radio Galega A Entrevista 12 03 17 Pta.Xestora Psdeg Psoe  Pilar Cancela
Radio Galega A Entrevista 12 03 17 Pta.Xestora Psdeg Psoe Pilar Cancela | Fonte: Europa Press

"Non descarto nin deixo de descartar (presentarse). Simplemente neste momento non se me pasa pola cabeza", confesou nunha entrevista na Radio Galega este domingo recollida por Europa Press.

Así, apuntou que postularse para dirixir o PSdeG no próximo congreso galego "non é unha cuestión que forme parte" da súa "preocupación" nin da súa "ocupación", á vez que negou a posibilidade de que o exsecretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, poida volver á primeira liña do partido.

"Eu falo con el (Besteiro) a miúdo. Non está encima da mesa esa formulación. Por tanto, se el non o ten, como a vou a ter eu?", matizou.

DATA PARA AS PRIMARIAS

Cuestionada sobre cando se celebrarán as eleccións internas a unha semana de que se cumpra un ano desde a dimisión de Besteiro, Cancela indicou que a xestora galega "non ten ningún peso" á hora de deseñar o calendario de primarias, aínda que que non da "por imposible" que teñan lugar antes do verán.

Con todo, expresou que espera que os comicios se celebren antes de final de ano para que o PSOE, tanto a nivel estatal como autonómico, poida encarar o ano 2018 centrándose en "outro tipo de mensaxes políticas".

ACUSACIÓNS DE PACHI VÁZQUEZ

Así mesmo, evitou pronunciarse sobre a columna de opinión remitida aos medios o pasado fin de semana polo exsecretario xeral do PSdeG Pachi Vázquez, na que culpaba á xestora que preside Cancela da situación "catatónica" do partido en Galicia.

"Non vou valorar esas manifestacións. Afortunadamente este é un partido democrático e cada quen pode manifestar o que considere", apostilou Pilar Cancela.

PRIMARIAS ESTATAIS

A entrevista a Pilar Cancela gravouse antes de que a presidenta da Xunta de Andalucía, Susana Díaz, anunciase que se presentará ás primarias para dirixir o PSOE, proceso para o que xa estaban confirmadas as candidaturas do exlehendakari Patxi López e de Pedro Sánchez.

Preguntada por se participará nos actos programados por Sánchez en Galicia que terán lugar nas próximas semanas, Cancela indicou que non acompañará ao candidato socialista nas dúas últimas Eleccións Xerais por "motivos de axenda".

En relación a iso, asegurou que a xestora galega púxose "a disposición" de todos os candidatos ás primarias para "facilitarlles" os recursos da formación durante a súa campaña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta