E que pasa en Galicia logo da vitoria de Pedro Sánchez?

Os socialistas galegos terán que elixir agora os representantes ao Congreso Federal do vindeiro mes, onde quederán claros os apoios que os distintos sectores teñen en Galicia. As fontes consultadas apostan por un pacto entre os "sanchistas" e os "pachistas" aos que se poderían sumar os "susanistas", "aínda que, polo momento, é difícil".

Por Xurxo Salgado | Compostela | 22/05/2017 | Actualizada ás 15:17

Comparte esta noticia

O PSdeG comeza unha etapa nova. Logo da contundente vitoria de Pedro Sánchez en Galicia --máis do 66% dos votos--, as estruturas internas do partido en Galicia, practicamente inoperantes durante meses pola guerra interna aberta no PSOE, terán que renovarse nas vindeiras semanas. Unha renovación que non vai estar exenta de complicacións internas debido, sobre todo, as posicións enconadas de destacados dirixentes, nomeadamente, as de dirixentes históricos como Abel Caballero, Pachi Vázquez, Antón Louro ou Mar Barcón a favor de Susana Díaz.

Pedro Sánchez con Abel Caballero nun mitin do PSdeG
Pedro Sánchez con Abel Caballero nun mitin do PSdeG | Fonte: vigoe.es

"Coa vitoria de Sánchez ábrense moitas incógnitas en Galicia", recoñece un destacado militante socialista que apunta a un proceso de renovación dos órganos internos do partido en Galicia que non estará exento de "tensións".  O seguinte paso para asentar o poder dos "sanchistas" en Galicia será o Congreso Federal, que probablemente sexa convocado para finais do mes de xuño. Antes, terán que convocarse asembleas locais e congresos provinciais extraordinarios que terán lugar xa dentro de dúas ou tres semanas. E será nese congreso onde se midan as forzas de cada un dos sectores.

Pedro Sánchez quere acudir ao Congreso Federal co maior número posible de compromisarios para asentar o seu poder nos órganos de dirección do PSOE. E para iso, ten que contar coas estruturas autonómicas e provinciais. Por iso, esta nova fase interna do PSOE cobra tanta importancia en Galicia, porque nela, segundo as fontes consultadas, se dilucidará, realmente, cales son os apoios reais de Sánchez e Susana a nivel provincial.

"Está claro que a alternativa de Abel e a da vella garda queda moi mermada porque o resultado foi moi contundente en Galicia pero iso non quere dicir que o susanismo esta morto, nin moito menos", indica outro dirixente consultado que avanza que todo dependerá de se aos congresos provincias se chega con acordos ou "a cara de can", como aconteceu nas eleccións deste pasado domingo.

"O lóxico é que haxa un acercamento entre o sector que apoio a Pachi e o que apoio a Pedro Sánchez. A situación estará máis complicada cos de Susana", indican as mesmas fontes que insisten en que, en todo caso, ao militante socialista non lle interesa xa que sigan as divisións internas. "Por iso, o lóxico sería que se tentara chegar a unha especie de pax romana na que se reproduciran os apoios do proceso deste domingo e que cada sector estea representado", suliñan. A nova guerra no PSdeG pode ser a que se dea no Congreso Nacional galego do que sairá un novo secretario xeral, un proceso que se podería celebrar en setembro ou oububro deste ano.

Leiceaga nunha conferencia de prensa
Leiceaga nunha conferencia de prensa | Fonte: EP

Lideratos no PSdeG

Outra consecuencia das eleccións deste domingo no PSOE é tamén o impulso que reciben aqueles dirixentes que apoiaron claramente a Sánchez, especialmente, as deputadas no Congreso Pilar Cancela e Rocío de Frutos, que mantivo o seu Non a Rajoy e anunciou que abandonaría o PSOE se gañaba Susana Díaz. Tamén están en ascenso no novo PSOE outros apoios importantes de Sánchez en Galicia como Julio Sacristán, alcalde de Culleredo; Gonzalo Caballero, rival de Abel Caballero en Vigo; Noela Blanco, deputada autonómica; José Miñones, alcalde de Ames; Pablo López Vidal, responsable de organización en Ourense; Tino Fernández, secretario do PSOE pontevedrés ou Nicolás González Casares, teniente de alcalde de Lalín.

De feito, e segundo as fontes consultadas é probable que Cancela volva a ser elixida para presidir novamente a xestora, "pero agora con máis competencias e autoridade", das que tiña ata o de agora.

Os máis tocados, logo da vitoria de Sánchez, son o alcalde de Vigo Abel Caballero e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que se amosaron moi beixerante co novo secretario xeral durante todo o proceso. Tamén hai outros pesos pesados como o ex conselleiro Ricardo Varela, o eurodiputado José Blanco ou  exministro de Justicia, Francisco Caamaño.

Pero entre os críticos a Sánchez tamén están Mar Barcón, secretaria xeral do PSOE na Coruña --onde Sánchez conseguiu os mellores resultados--; os deputados Ricardo García Mira e Antón Louro, o ex alcalde José Lopez Orozco ou o ex lider do PSdeG, Pachi Vázquez.

Papel de Leiceaga

No aire tamén queda o papel do voceiro parlamentario do PSdeG, Xaquín Fernández Leicega que, a pesar de ser moi criticado, ao igual que Cancela, por algúns dirixentes do partido, nomeadamente os de Vigo, non se decantou por ningún candidato durante o proceso.

"O problema de Xocas é que os seus afíns apoiaron a Pachi e a Susana pero non a Pedro, aínda que el non se decantara por ningún", apuntan as fontes consultadas que indican que iso "pódelle pasar factura". "O que terá que facer agora, se quere seguir aspirando a liderar o partido é reconquistar os apoios perdidos porque non foi claro neste proceso", indica. Así, estas fontes suliñan que esa neutralidade "igual non foi tan positiva como parecía", apelando o seu cargo, xa que a practica totalidade dos cargos orgánicos do PSdeG apoiaron a un ou outro dirixente.

En todo caso, públicamente, os grandes dirixentes do PSdeG, incluído o propio Abel Caballero, quixeron evitar as tensións este luns e, todos eles, aproveitaron para pedir "unidade" no partido e felicitar a Pedro Sánchez.

Pedro Sánchez, novo secretario xeral do PSOE
Pedro Sánchez, novo secretario xeral do PSOE | Fonte: EP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 Gamela

O que está a pasar en Vigo é que o alcalde vólvese aínda MÁIS AUTORITARIO e esta mesma noite a Policía Local desaloxará pola forza a Acampada Contra A Pobreza que levan 95 DÍAS acampados solicitando unha simple conversa con Abel Caballero !!! Seica mañá é o día da Festa da Policía e o alcalde quere limpar a praza para sacar OUTRA FOTO na que non figuren OS POBRES DE VIGO !!! https://flic.kr/p/ULcmVh Estamos fartas do AUTORITARISMO de Abel Caballero!!! https://youtu.be/mfIQl4fOO_A

4 Lostrego

A repanocha: agora aparatos provinciais que nas listas de delegados queren colocar a xente que apoiou implícita ou explícitamente a candidaturas non gañadoras. Vergonzoso. Claro que hai que buscar a unidade. Claro que hai que integrar. Pero, se algo quedou claro nestas Primarias é que basta xa de cociñas! Onde está o cambio?

3 nostrus

Pedro Sanchez puede hacerse dueño del partido, pero lo que no puede hacerse es dueño del electorado y de hecho fue él quien hizo descender al PSOE a unos mínimos nunca ates alcanzados. Este tipo a las riendas del partido es lo peor que le pudo pasar y su encariñamiento con los nacistas periféricos le pasará factura y le dejará un gran lastre que solo favorecerá al PP que aparentará ser el único partido que defiende la unidad de España. Pedro se convierte en el movilizador del electorado de derechas que se alarmarán con este personaje.

1 Kollontai luguesa

Que curioso: ponvos máis nervioso Pedro Sánchez que o podemismo? Curioso, curioso, curioso... http://www.elplural.com/politica/20... E que dirán os mareantes destas afirmación? Choveranme enriba descualificacións varias ben o sei pero mentres poida, e me deixen, non hei de calar.

2 Sesees

Polo visto xa colleu o día libre, igual tira para Ibiza como a California. A ver cando empece que fai

1 JE-JE A MANGALUZA CAEU

LEITUGAS, salvacheste si chega a chegar a mangaluza terias que estar reconvertendo o expañoli, terias que estar de xeonllos diante de tantos ... varons do pe$oe, muitos son autenticos desalmados, autenticos matarifes purgadores, o de Vijo... o de Vijo meu... que cara ten, o pache vazquez e aquel outro, si home si o do tren que escangallouse nunha curva... OUTROS O TEÑEN PIOR PEDRO SANCHEZ TODA UNHA VIDA POR DIANTE... -VIEIRAS PODREIRAS 82 ANOS CADUCOS!!!