Por E.P. | Santiago de Compostela | 19/10/2016 | Actualizada ás 18:14
O PSOE e o PSdeG comezaron xa unha guerra encuberta sobre o futuro do socialismo en Galicia. A Xestora do PSOE comunicou á dirección provisional do PSdeG, á fronte da cal está Pilar Cancela dende a dimisión do exsecretario xeral José Ramón Gómez Besteiro, a decisión de deixar sen efecto a competencia atribuída para poder convocar o congreso, e polo tanto as primarias, para elixir unha nova dirección do partido en Galicia.
Nun comunicado de prensa, a Xestora do PSdeG, que avoga por axilizar a convocatoria do congreso para elixir dirección, explica que recibiu unha resolución asinada por Ascensión Godoy Tena, adxunta á Área de Organización da Xestora do PSOE, na que lles traslada esta decisión. Curiosamente, esta petición chega logo das numerosas críticas que Cancela recibiu por parte do sector crítico do PSdeG.
"Dende esta Xestora solicitamos dende o primeiro momento da constitución da Xestora Federal do PSOE unha entrevista co presidente de esta, Javier Fernández, coa finalidade de consensuar e coordinar unha folla de ruta a nivel federal e autonómico para a renovación dos nosos órganos e a elección dunha nova dirección", recorda.
A dirección en funcións do PSdeG insiste en que o seu obxectivo "é celebrar unhas primarias e un congreso á maior brevidade posible", unha posición que reiterou no seu comunicado deste mércores.
REUNIÓN URXENTE
Madrid insiste que "non procede celebrar" o Congreso do PSdeG "ata a celebración do proceso congresual federal". Por iso, a dirección provisional á fronte da cal está Cancela insiste na "absoluta necesidade de ter canto antes a reunión con Javier Fernández".
Ao respecto, alega que urxe que les "informe das previsións de prazos e o procedemento establecido" co fin de "poder darlle voz á militancia tanto en España como en Galicia" e "abrir os necesarios procesos congresuales".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.