En Marea e o BNG critican ao rei español por non respectar a plurinacionalidade do Estado

Alexandra Fernández critica que Felipe VI "sitúe a unidade de España como a panacea" e lémbralle a "realidade plurinacional" e Ana Pontón (BNG) cualifica o seu discurso como "centralista", "triunfalista" e "fóra da realidade social". Pilar Cancela di que o rei "une" aos españois pero bota de menos unha alusión as mulleres asasinadas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/12/2016 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia

En Marea e o BNG denunciaron a mensaxe de Nadal do monarca español, Felipe VI, que foi moi crítico co proceso independentista catalán e cos que, ao seu entender, non respectan a Constitución. Por iso, estas formacións nacionalistas e de esquerdas criticaron, precisamente, que o monarca non teña en conta a plurinacionalidade do Estado.

O rei Felipe VI recibe a portavoz de En Marea, Alexandra Fernández / A.D./lainformacion.com
O rei Felipe VI recibe a portavoz de En Marea, Alexandra Fernández / A.D./lainformacion.com

A portavoz de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, criticou que "sitúe a unidade de España como a panacea" e, en consecuencia, lembroulle a "realidade plurinacional existente".

"Necesítase o inicio dun novo proceso constituínte, proceder á reforma da Constitución e dar pasos para adaptar o modelo de Estado á realidade plurinacional existente", defendeu a parlamentaria de En Marea no Congreso dos Deputados.

Segundo indicou En Marea nun comunicado, recollendo as palabras do seu portavoz no Congreso, o Rei Felipe "reflicte a opinión sobre o sistema político do Estado español propia da institución caduca da que procede".

Nesta liña, censurou que "a unidade de España" estea "por encima de todo e como a solución a todos os problemas" cando, na súa opinión, "é evidente que debe haber un avance". Este avance é, ao seu xuízo, o mencionado inicio dun novo proceso constituínte. "O inmobilismo é a fórmula aplicada nestes anos, e habería que preguntarlle: Funcionou?", preguntouse Alexandra Fernández, quen considera, en relación ao chamamento do Rei ao diálogo entre partidos para lograr o entendemento, que "os consensos deben sosterse en base ás necesidades sociais e económicas da poboación": "Non a calquera prezo", apostilou.

Pilar Cancela, número dous do PSdeG
Pilar Cancela, número dous do PSdeG | Fonte: psdeg-psoe.org

Neste sentido, sinalou que a convivencia democrática da que falou o Rei Felipe "debe sosterse sobre os parámetros do diálogo construtivo, frutífero e que supoña un avance nas posicións".

Ana Pontón

Pola súa banda, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acusou ao monarca español de estar "desconectado da realidade social" e de presentar un ton "triunfalista e oficialista" que, denunciou, pretende manter o 'status quo'.

Segundo informou o BNG este domingo nun comunicado, Pontón afirmou que, "como galega", non se sentiu representada nun discurso que, na súa opinión, "abraza a teoría oficial do Partido Popular" de que a poboación española e galega xa saíu da crise".

Neste sentido, afirmou que, mentres o Monarca "pregoa a recuperación económica", os salarios "non se recuperan e cada vez hai máis persoas que non chegan a fin de mes". Así mesmo, lembrou que hai máis de 700.000 persoas en risco de exclusión social. A política nacionalista tamén reiterou o seu rexeitamento á Monarquía, unha institución "obsoleta" e "unha mostra do desgaste deste réxime".

Finalmente, Pontón, como Alexandra Fernández, lamentou" a ausencia de referencias á violencia de xénero, problema social que cualificou como "un drama para miles de mulleres que sofren cada día nas súas propias carnes".

Pilar Cancela

Precisamente na ausencia de alusións á violencia machista tamén coincidiu a presidenta da xestora do PSdeG e deputada por A Coruña no Congreso dos deputados, Pilar Cancela, aínda que, a diferencia de En Marea e BNG ve "positivamente" a mensaxe de Felipe VI porque destacou, dixo, aquelo que "une" aos españois e non o que os "separa".

Nun audio enviado polo PSdeG, a deputada socialista tamén valora que o seu discurso apostase por "reforzar a convivencia democrática" e "o respecto á lei por enriba de todo o demais".

Tamén eloxiou que o Monarca recoñecese "o sacrificio da cidadanía fronte a crise", así como "a loita contra a desigualdade". "Non haberá recuperación económica mintas persistan as desigualdades entre a cidadanía", avisou a parlamentaria.

Ana Pontón, no Parlamento galego
Ana Pontón, no Parlamento galego | Fonte: Europa Press.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

5 nostrus

Pois moi ben polo rei por adecuarse a realidade de España e non as manias e alucinacions dos indepes. Imaxinemos por un momento que os catolicos fosen da mesma calaña que os indepes e esixiran unha mencion a Cristo para que quedaran a gusto. E os que cremos na unidade de España............... ¿teriamos que tragar a plurinacinalidade?. Os indepes e separratas só pensan neles.

4 constiprostituidos

Os mareados están fartos de´postrarse de xeonllos diante do monoarca, algún como o vello dos epílogos ... si o chamado -Vieiras incluso pretenderon chegar o marquesado de reborainas, venderonse moito e caeron en gran constitución, agora o monoarcas o despreza e os insulta nada que decir das opinions do rei MARIJUANO RAJOY sobre o nacionalismo, xa son sabidas pero o gran desprezo os cinco millons de tontos expañolentos (versión palbeiras non errejonista ) e moito pois resultan non ter existencia real sinon ser pura fantasmada de expaña e iso e o que son de verdade pantasmasmagorias... paiasos o servizo da constiprosti como o xusrista o licenciado en leises e proceso constituinte o xuiz Villano... son lacaiunos o servizo de expaña... son autenticas e mais oscuras 50 sombras de GRAN RAJOY

3 Kilo

Pontona, cando vas gañar un soldo como o resto?

1 maruxa

Ana xa esta gañando un mais que merecido soldo. Pois foi alixida por milleiros de galegas e galegos para representar a nosa Nazón, fronte as outras opcións que unicamente seguen as ordes de Madrid. De tódolos xeitos se lle tes enveza, presentate ti, ao mellor ata te voto eu...

2 Ten razón o confluínte

É verdade que non é como o resto. O resto cobran sen ir polo parlamento como lle pasou a Beirón e lle pasará a Billarón e os demais podemitas. Pero Pontona se fai raro iso de cobrar facendo traballo parlamentario.

3 Kilo

Maruxa, co teu servilismo cara á túa ama demostras que o BNG é a esencia do caciquismo galego do século XXI. Sexa cal fora o posto, paréceche xustificado gañar 5.000 euros netos ao mes, e máis nunha persoa que di ser esquerdas?. Sexa Feijóo ou Pontona iso é un roubo ao pobo galego, que vive cobrando 5 ou 6 veces menos.

2 XanKaraLlás

Deixémonos de lerias e politiquerías, os discursos de Nadal do rei sempre son máis ou menos o esperado.

1 4000 euros máis chofer

A amiga da filla de Ferrín sobe ao carro dos garantes da unidade de España consegue saír deputada e agora protesta de que outro diga que a unidade de España mola.

1 XanKaraLlás

Mentiroso defensor do PP disfrazado de progre nacionalista.

2 Comunista

Os garantes da unidade de España son os 4 millóns de € de pufo que tedes o BnG coa banca espaÑola.

3 Tarxetas Black

Pero aínda segues co pufo comunista de los peines. Que xa é se 1 millón e baixando, o resto pagouse integramente, non como vos pasa aos "comunistas" de IU que vos condona a banca española e vos dan programas gratis.