Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2019 | Actualizada ás 21:23
A dirección do PSdeG designou a Pablo Arangüena como coordinador dos socialistas galegos nas Cortes Xerais, en substitución de Pilar Cancela.
Desta forma, segundo informa o partido nun breve comunicado de prensa, o vicesecretario xeral do PSdeG asumirá a tarefa de coordinar o traballo dos 18 deputados e senadores socialistas que foron elixidos as catro provincias galegas nas eleccións xerais do pasado 28 de abril.
Cancela foi cabeza de lista pola Coruña e deste xeito volve ao Congreso por terceira vez consecutiva. Pola súa banda, Arangüena chega á Cámara baixa por primeira vez no que será o seu primeiro cargo institucional. É próximo ao actual líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, en cuxa executiva ocupa a portavocía e vicesecretaría xeral.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.