Feijóo sobre os acordos entre PSdeG e as mareas: “Son prexudiciais para Galicia”

O presidente da Xunta lembra que o camiño dos socialistas en Galicia é diferente ao do PSOE en Madrid, con acordos co PP e non con Podemos. “Os galegos terán que tomar nota disto”, apunta.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 26/01/2017 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

Os acordos aos que están chegando as mareas municipais e o PSdeG en varios concellos de Galicia non son ben recibidos nin na Xunta, nin no PPdeG. “Nós non estamos niso porque non é o modelo do Partido Popular e, ademais, prexudica a Galicia”, dixo o presidente da Xunta sobre este entendemento.

Luis Villares, Xoaquin Fernández Leiceaga, Alberto Núñez Feijóo, Ana Pontón e Cristina Losada antes de participar no debate a cinco da CRTVG
Luis Villares, Xoaquin Fernández Leiceaga, Alberto Núñez Feijóo, Ana Pontón e Cristina Losada antes de participar no debate a cinco da CRTVG | Fonte: EP

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo amosou a súa sorpresa por este acercamento entre as mareas e os socialistas porque no Estado “o PSOE vai por un lado e Podemos polo outro”, dixo en relación aos acordos aos que teñen chegado no Congreso o PSOE e o PP, coa oposición da formación morada.

“Aquí parece que si hai eses achegamentos que non hai en Madrid. Serán os galegos os que teñan que tomar nota desa alternativa e de se a marea e o PSOE son o mesmo”, suliñou. Así, ironizou que tanto socialistas como as mareas compartan o mesmo modelo económico e “de liberdades”. 

Debate aberto

Foi o secretario do PSdeG na provincia da Coruña e alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, abría o pasado martes de xeito oficial o debate sobre a posibilidade de chegar a consensos entre as forzas de esquerda, sobre todo, naqueles concellos onde hai problemas de gobernabilidade. “Hai que buscar acordos sempre, non hai outra solución, porque senón se paraliza a actividade dos concellos”, suliñaba xusto despois de asinar un acordo con Marea Veciña para aprobar os orzamentos municipais.

Esa opinión de Sacristán non é única dentro do seu partido, sobre todo, entre os que cren que un enfrontamento directo coas mareas o que fai é debilitar futuros gobernos progresistas e fortalecer o Partido Popular. A súa postura tamén é compartida pola presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, pero tamén polo voceiro parlamentario de En Marea, Luís Villares, tal e como apuntaron en Galicia Confidencial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 xanico

Que hay de el uso de telepeajes oficiales en coches privados en las agencias de medio rural, entre otras muchas cosas.