Pilar Cancela (PSOE) dubida dos datos da covid-19 en Galicia: "Non se está contando a verdade de todo o que está a pasar"

A deputada socialista no Congreso non aporta probas para tal acusación, pero acusa o Goberno de Feijóo de maquillar datos.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 11/10/2020 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

A deputada socialista no Congreso Pilar Cancela mostrou as súas dúbidas respecto das cifras oficiais da pandemia en Galicia. "Non se está contando a verdade de todo o que está a pasar", espetou.

A deputada do PSOE Pilar Cancela nunha entrevista na Cadena Ser.
A deputada do PSOE Pilar Cancela nunha entrevista na Cadena Ser.

Así se expresou nunha entrevista concecida este domingo á Cadena Ser, onde manifestou que "algún día haberá que estudar como é posible" que Galicia estea entre as autonomías con menos impacto da pandemia tras "a xestión absolutamente destrozadora e privatizadora dos servizos públicos e en concreto da sanidade pública" que atribúe ao presidente galego, Alberto Núñez Feijóo.

Cancela preguntouse "como é posible" que Galicia estea "ao final" xunto con Asturias na lista de comunidades con maior incidencia do virus, o que lle levou a sentenciar que "non se está contando a verdade de todo o que está a pasar".

Por outra banda, en clave interna do Partido Socialita, a que fora presidenta da xestora que pilotou o partido ata a vitoria de Gonzalo Caballero nas primarias das que se cumpren este outono tres anos, emprazou á celebración do congreso do PSdeG, onde "o militantes decidirán se se necesita un cambio de líder".

"Hai que ser humildes e autocríticos para mellorar e responder a unha realidade que existe en Galicia", dixo Cancela en referencia a que considera que "é posible un cambio" na Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Esta tropa en canto senta no Congreso en Madrid vólvesen cara ao "amado líder" e pretenden facer con Galicia o mesmo que están a facer con Madrid (?) Así ao mellor pretenden que non falemos de ALCOA !!! Se non se fía dos DATOS que veña ela a contar aos positivos ás portas das Residencias ! Ou se tal que sigan reactivando o Turismo das Rías Baixas a ver se apañamos o virus todos (como fai Carmela Silva dende a Deputación de Pontevedra!) Igual que Abel Caballero que hai só dous días reclamaba os DATOS DA COVID-19 para poder traballar dende o Concello de Vigo https://coronavirus.sergas.gal/dato... Será metendo máis luces de Nadal ?