Gonzalo Caballero á súa compañeira Pilar Cancela: "Foi membro do goberno de Fraga"

O aínda voceiro socialista no Parlamento galego carga contra a secretaria de Estado de Cooperación Internacional no Ministerio de Asuntos Exteriores e deputada socialista, Pilar Cancela.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/12/2021 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

O aínda portavoz parlamentario e secretario xeral do PSdeG durante os últimos catro anos, Gonzalo Caballero, emprazou a "dar tempo" á nova executiva para que "marque as pautas" e adopte "as decisións oportunas", entre as que estará o seu substituto á fronte do grupo no Hórreo. "Sempre estou a disposición da dirección cando queira falar co portavoz parlamentario para traballar e pór o mellor de nós mesmos para o partido", apostilou.

Inicio da campaña electoral das xerais do PSdeG con Gonzalo Caballero e Pilar Cancelas na pegada de carteis
Inicio da campaña electoral das xerais do PSdeG con Gonzalo Caballero e Pilar Cancelas na pegada de carteis | Fonte: PSdeG

Así, tras reivindicar o seu compromiso coa organización para "seguir traballando por Galicia e o PSdeG", Caballero incidiu en que o momento en que se producirán os cambios é unha pregunta que debe dirixirse á nova dirección que lidera Formoso. "Esperemos que os acontecementos se vaian dando cando se tomen as decisións oportunas", resaltou.

Ademais, a preguntas dos medios, Caballero tamén se referiu a as críticas lanzadas pola secretaria de Estado de Cooperación Internacional no Ministerio de Asuntos Exteriores e deputada socialista, Pilar Cancela, que cualificou de "vergoñenta" a actitude do exsecretario xeral durante o Congreso Nacional do PSdeG. "Respecto todas as opinións, tamén de quen foi membro do goberno de Fraga como directora xeral", espetou Caballero en alusión a Cancela. "Desde logo eu teño todos os meus referentes na esquerda", engadiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 F. Rodríguez

A endogamia é de esquerdas e tamén moi nociva