Últimos movementos no PSdeG

O sector de Abel Caballero pretende chegar a un acordo co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, sobre o futuro do partido en Galicia. Nin Pilar Cancela, nin a nova xestora do PSOE en Madrid moven peza polo momento.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/11/2016 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Valentín González, presidente da Deputación da Coruña, e Abel Caballero, alcalde de Vigo, representan hoxe por hoxe os dous polos encontrados do PSdeG; dous polos divididos, pero sobre os que os dous grupos pretende impulsar un entendemento.

Abel Caballero e Valentín González Formoso nun encontro nas Pontes
Abel Caballero e Valentín González Formoso nun encontro nas Pontes | Fonte: Europa Press

Por iso, nos últimos días aumentaron os contactos entre o sector de Caballero e o de González Formoso. Primeiro foron chamadas telefónicas e logo encontros presenciais en caferías. Así aconteceu, primeiro, entre o presidente do organismo provincial coruñés e José Blanco hai dúas semanas, tal e como xa contou GC, e despois entre Valentín González e Abel Caballero xa a pasada semana.

E é que estes dous dirixentes políticos son, hoxe por hoxe, os portavoces das diferentes sensibilidades socialistas. Nin Pachi Vázquez, nin Carmela Silva, nin o propio Caballero consideran xa a Pilar Cancela, presidenta da xestora, unha interlocutura válida para tentar solventar as diferencias que existen dentro do PSdeG. Tampouco a Xoaquín Fernández Leiceaga, actual voceiro parlamentario.

Sen acordos

Neses encontros falouse da situación interna do PSdeG e do PSOE, pero non se chegou a ningún acordo concreto. O sector de Abel Caballero quere que dimita, canto antes, Pilar Cancela para que se nomee unha nova xestora. Pero iso, non está enriba da mesa no sector crítico. Así o deixou claro Valentín González que é partidario de non abrir novas frontes. Aposta por convocar, canto antes, un congreso federal para, logo, inmediatamente, convocar outro en Galicia. Esa é a folla de ruta do, agora, sector crítico.

Valentín González e Pepe Blanco falan nunha cafetería das Pontes
Valentín González e Pepe Blanco falan nunha cafetería das Pontes

Ademais a actual xestora que preside Javier Fernández baralla, polo momento, a destitución de Cancela, xa que abriría en Galicia outra fronte que, polo que se ve nas conversas entre os distintos sectores, podería desembocar nunha nova guerra interna.

A única solución que cabería, polo momento, sería a entrada na actual xestora galega de cargos afíns a Caballero. Esa tería sido a posibilidade na que se tería avanzado na xuntanza entre Caballero e Valentín González. Unha solución que, a priori, tampouco convence aos dous sectores.

Tamén se tería falado, segundo as fontes consultadas, de tentar "pacificar" ou, cando menos, "enfriar" as diferencias deste partido en Galicia, evitando enfrontamentos entre sectores. Sen embargo, tampouco aquí parece que se teña chegado a ningún acordo logo do acontecido hai uns días na Deputación de Ourense, coa destitución do ex portavoz neste organismo provincial, Ignacio Gómez, afín ao sector de Cancela, e o nomeamento de Luis Fraga, afín a Pachi Vázquez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

5 Ted Flanders

Perfeto Perfeto (palabriña de D. P. Blanco) A xestora tal....Caballero cual.....Pilar non sei qué....O presi dalle que te pego...o outro pego que te dalle..... Por certo....alguén en este rebumbio viu a Señora do conto, Galiza, por algún lago....ah! qué Galiza non importa....xa....xa..vou caendo!!!!

4 Balbino Fernández

Que vaia a Ana Pontón arreglarlles a casa ao PsoEspañol, por algo sacrificaron o BNG de Vigo a cambio de coroar ao energúmeno Caballero alcalde, seguen sostendo a impresentable Carmela Silva na deputación clientelar, igual que fan co Valentín Formoso ou fixeron co graxento Orozco. Cero limpeza, todo amor á graxa que ofrece o PsoEspañol (algo no que tamén parece que van caer as Mareas de Podemos, que se coiden do rasposo!).

1 LKI

Mareas de Podemos. Esa é denominación que empregan Feijóo, Caballero e o BeNeGá. Cal dos tres é Vde.?

2 Comunista

Feijóo, Caballero e BnG. Uno y trino.

3 Balbino Fernández

LKI, Comunista Independentista... quen es ti? O mundo non remata na graxa nin nos que agardan enzoufarse! Por certo, as Mareas son parte de Podemos: no Congreso nin o disimulados! E a maioria dos trepas no parlamento galego que van na "patera asquerosa" de que partida (sic) son! Saúdos á "puta coja" e á deputada mareada que así a calificou!

3 Gamela

Abel Gran Pinocho ! http://www.noticiasvigo.es/comunica...

1 Gamela

Caballero regala 1,6 millóns aos moteiros de Vigo e éstes a cambio danlle unha placa! http://xornal.vigo.org/medi/xornal/... Mentras VENDE PISOS do Concello e a xente durme na rúa!

2 Gamela

Como meta o nariz Carmela Silva na xestora / Guantánamo vai parecer unha broma !!!

1 antiexpañol e galego

están purgando os elementos "pipo de sanchez" moitos xa están remudando posturas coma o parlamentario LEITUGAS, agora todo e de mais deritismo, de mais estulticia, como CANIEIRO de FIGO, están caendo na dereita como en marea agora do único que se andan preocupando e de meterse en oficinas do nacionalimo, e para que sinon para descargarse porse ata o cu, visionando pornograifa... PORNOGRAFOS... incluso pederAGIA... xuiz villuelas isa e a tropa que ten metade CO.CO$ e metade PODREIROS de expaña... e por certo onde están as ducias e milleirs de votos de militantes do pe$odeiro que fixeron conelas... xa vemos que son a dereitas... que son Expaña... xa e imposible distiguir entre o discurso político de CANAIEIRO e o becerro cuasifascista de ADOLFO TRUMP!