O PSOE da Coruña está "disposto" a cambiar a xestora se se convoca un congreso

Di que a xestora de Cancela "é tan lexítima como outra calquera" e critica a Caballero por non querar entrar nela.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2016 | Actualizada ás 18:09

Comparte esta noticia

O secretario provincial do PSOE en A Coruña, Julio Sacristán, manifestou que os socialistas coruñeses están "dispostos a falar de todo, sempre e cando haxa un compromiso de que é provisional e que vai ser convocado un congreso inmediatamente".

Julio Sacristán e José Ramón Besteiro
Julio Sacristán e José Ramón Besteiro

Este sábado, ao termo da reunión da executiva provincial, Sacristán abriu a porta á posibilidade de substituír Pilar Cancela á fronte da xestora do PSdeG, sempre e cando se garanta a convocatoria dun congreso para escoller nova executiva autonómica.

Deste modo, o secretario provincial trasladou que os socialistas coruñeses defenden que "non se debe substituír unha xestora por outra en Galicia", senón que hai que ir a un congreso que elixa unha executiva permanente" na comunidade, polo que solicitou a dirección estatal a que "deixe" realizar ese conclave. "Só aceptariamos unha xestora, a actual ampliada. A maioría representámola os que gañamos as primarias. O reflexo desa xestora debe ser esa", manifestou.

Así, Sacristán apuntou que nas "últimas eleccións primarias" a "maioría de militantes" apostaron por "unha determinada opción", polo que cre que a actual xestora é "lexítima". "O único que imos solicitar é que, se se quere ampliar esa xestora, se pode ampliar", remarcou.

NOVA DIRECCIÓN NA XESTORA

Preguntado pola situación da presidenta da xestora, Pilar Cancela; Sancristán cre que "é tan lexítima como calquera outra", xa que saíu "coa executiva que había nese momento constituída no partido" na que "tamén se invitou a Abel Caballero a que entrase e non quixo entrar", asegurou.

"Caballeiro dixo que non quería saber nada de temas orgánicos e non quixo entrar nin nomear a ninguén como o seu representante nesa xestora", indicou Sacristán.

Por último, negou que mantivera ningún contacto nos últimos días nin co rexedor vigués nin coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; que foi proposta á dirección estatal do partido para substituír a Cancela, unha solicitude impulsada por Cabaleiro e a dirección provincial socialista na provincia pontevedresa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta