Poden En Marea e o PSdeG chegar a acordos de goberno nas institucións?

Pilar Cancela e Luís Villares amósanse favorables a chegar a consensos de goberno sempre e cando se respecte un programa de mínimos que sexa progresista e vaia no ben común da xente. O líder de En Marea fai extensible o acordo ao BNG.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 26/01/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O secretario do PSdeG na provincia da Coruña e alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, era moi directo o pasado martes sobre a posibilidade de chegar a consensos entre as forzas de esquerda, sobre todo, naqueles concellos onde hai problemas de gobernabilidade. “Hai que buscar acordos sempre, non hai outra solución, porque senón se paraliza a actividade dos concellos”, suliñaba xusto despois de asinar un acordo con Marea Veciña para aprobar os orzamentos municipais.

Luís Villares, no Parlamento galego
Luís Villares, no Parlamento galego | Fonte: Europa Press.

Esa opinión de Sacristán non é única dentro do seu partido, sobre todo, entre os que cren que un enfrontamento directo coas mareas o que fai é debilitar futuros gobernos progresistas e fortalecer o Partido Popular. E esa postura de acercamento faise máis evidente, sobre todo, na comarca coruñesa. Alí, ademais de en Culleredo, se ten chegado a un entendemento entre socialistas e as mareas locais en Cambre ou en Bergondo, pero non na Coruña.

Por iso, Sacristán pedíalle aos seus compañeiros da cidade herculina que tenten chegar a consensos . “Eu falo desde o meu de Culleredo. Na Coruña son autónomos, pero se me preguntas cal é a miña postura, desde logo, é a chegar a acordos”, indicou. “E non creo que sexan tantas as diferencias, e se hai diferencias insalvables pois se deben aparcar. O que ten que haber é confianza, como fixemos nós aquí, e discutir as propostas unha por unha con pros e contras. O que resolven os problemas é chegar a acordos e levalos á práctica”, engadiu.

Posicións comúns en PSdeG e En Marea 

Pero Sacristán non está só nesta estratexia de acercamento ás mareas. A súa postura tamén é compartida pola xestora do PSdeG, pero tamén polo voceiro parlamentario de En Marea, Luís Villares. Pilar Cancela, a presidenta da xestora socialista, suliña en declaracións a GC que sempre foi partidaria de “buscar acordos”coa esquerda. 

Pilar Cancela
Pilar Cancela | Fonte: Europa Press.

“A alternativa a que goberne o PP é conformar pactos estables e progresistas. Non a calquera prezo e sendo fieis ao noso programa electoral. Así o fixemos onde foi posible”, indica. Con todo, lémbralle ás mareas que tamén teñen que ser “transixentes” e non tentar gobernar coma se tiveran maioría absoluta onde gobernan, especialmente, nas cidades da Coruña, Ferrol e Santiago. En todo caso, Cancela precisa que eses acordos municipais dependen da autonomía local que “é incuestionable”, así como a “cada situación diferente”.

Respecto á autonomía local

Tamén Luís Villares, voceiro parlamentario de En Marea, é consciente das “singularidades” do espazo local e, sobre todo, da “independencia” das distintas mareas locais para marcar as súas prioridades políticas. Con todo, tamén se amosa favorable a un acordo entre forzas políticas que teñan coma “denominador común” favorecer á xente e impulsar “verdadeiras políticas sociais”. 

“Partindo que hai que ter respecto absoluto aos espazos locais o desexable é chegar a acordos que permitan maiorías estables porque o noso interese máximo é o benestar dos cidadáns”, indica ao ser preguntado por GC posibles acordos nas grandes cidades onde hai diferencias entre as mareas locais e o PSdeG. 

Acordos co BNG

En todo caso, Villares insiste que eses acordos teñen que darse con forzas progresistas que comparten o ideario de En Marea dunha “maior democracia, transparencia e xustiza social e poñer institucións ao servizo da xente”. “E con todos aqueles que defendan esta forma de facer política pois hai que entenderse”, suliña ao referirse a PSdeG e BNG.

De feito, o líder de En Marea lembra que na Cámara xa se dá certo espazo de entendemento entre estas tres formacións. “Este martes xa pedimos a comparecencia de Feijóo pola conferencia de presidentes e o fixemos os tres xuntos; BNG, o PSOE e nós”, indica. “É posible defender defender proxectos comúns”, conclúe.

Villares e Leiceaga antes do debate electoral das galegas
Villares e Leiceaga antes do debate electoral das galegas | Fonte: crtvg
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

3 Fartiño

Que fácil é falar e que difícil gobernar, fartáronse de criticar o BNG por apoiar o PSOE para non permitir que gobernase o PP e agora andan a pedir limosna, arrastrándose por onde sexa, senadoras galegas van a defender as traballadoras de telemadrid(non hay senadores de podemos por madrid?) o gran Fernán Vello é o "secretario" dunha galegófoba e preocipase máis de promover o "esquecido" Cervantes que a cultura galega, a trasparencia prometida deixarona na casa, cobran máis ca ninguén e solicitan tódolos privilexios posibles, privatizan igual ou máis que ninguén sen razóns económicas, o fomento do galego e da cultura mellor nin falar, fanse mocións de censura para entregar poder o PP, especulan coas vivendas e despois van dando exemplo, a xestión das cidades onde gobernan deixa bastante que desexar(teñen dous anos pa remedialo e pórense as pilas), os pseudonacionalistas-independetistas que sairon do BNG agora son o garante da unidade de españa,

1 Ana

Si, apoian á limpa Carmela Silva, ao enchufado Formoso, como no seu día fixeron alcalde a Caballero, ao familiar Orozco ou aos trampas de Ourense... Canto se parecen os das Mareas de Podemos aos teus!😂😂😂

2 FRPU

3 4000 euros mais chofer

Había que apoiar a Corina Porro e a Louzán

4 Fartiño

okdiario o Xornal de cabeceira dos grandes mareados, asi nos vai¡¡¡¡¡¡ os admiradores de Eduardo Inda e Louzan dando leccións de moralidade e veracidade informativa que luxo.

5 Balbino Fernández

Tampouco hai que ser tan taparrabos Fartito... Hai documentos que demostrando que Lores tira da carteira do Concello de Pontevedra para pagar paparotas, viaxes e difusión de premios!!! Un modelo un pouco casposo, caprichoso e antiquado para calquera persoa decente. Para os vividores e samesugas, se cadra serve, para os que esiximos limpeza nas contas públicas, lamentamos contrariar, non. Lores e Louzán parécense demasiado!!!

6 Fartiño

Ijualiños si, anda ide durmir e deixar de leer a prensa casposa, menudas parvadas hai leer.

2 Ted Flanders

Claro que poden! e seguramente farano.....mais eu insisto......alguén viu na noticia, non digamos xa nas políticas das duas formacions, algún pequeno atisbo de Galiza? Realmente ten interese para o noso País o posible acordó ou non entre duas forzas con raíces mesetarias? o contraforte ao PSOE na Galiza era o BNG que aportaba a visión de País necesaria...e agora? onde está o centro de gravidade? en Santiago ou en Almagro?

1 FRPU

Que si, homiño, que si. Que só sodes galegos de pura raza os catro que quedades no BnG. O resto dos habitantes de Galiza, todos españois impuros. Sieg Heil, BnG!

1 Gamela

Que PSdG e que Mareas? Se o PSOE quere Coruña / Ferrol / Santiago... facémoslle un cambio 3 x 1 e nós queremos o Concello de Vigo ! Abel é moito Abel... e o PSOE xa ninguén sabe a cantas anda... Pero o que algúns temos moi claro é que algunha Marea (MdV) xa chegou a acordos por debaixo da mesa dende o primeiro día en Vigo !!!