Cancela segue do lado de Leiceaga malia a ofensiva de Caballero

A presidenta da xestora do PSdeG volve a advertir ao alcalde de Vigo que está a prexudicar o partido. Na lea estatal, Cancela non toma partido, pero coincide no diagnóstico de Pedro Sánchez de que o PSOE está nun intre dramático.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2017 | Actualizada ás 16:59

Comparte esta noticia

A presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, considera que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, non fai "ningún favor" ao sistema normativo do PSdeG ao cuestionar a lexitimidade de Xoaquín Fernández Leiceaga como portavoz parlamentario do PSdeG.

Xoaquín Fernández Leiceaga e Pilar Cancela, do PSdeG, nun acto da precampaña
Xoaquín Fernández Leiceaga e Pilar Cancela, do PSdeG, nun acto da precampaña | Fonte: PSdeG.

DEFENSA DE LEICEAGA

De feito, en declaracións aos medios antes de participar nunha manifestación convocada en Santiago por UXT e CC.OO., Cancela lembrou que Leiceaga "non foi imposto por ninguén", posto que concorreu a unhas eleccións primarias nas que sacou "unha maioría suficiente" que "non é para cuestionar" --o economista compostelán venceu ao exportavoz parlamentario José Luis Méndez Romeu nas primarias que celebrou o PSdeG para elixir candidato á Xunta--.

Cuestionada polas declaracións do alcalde de Vigo sobre Leiceaga, de quen dixo que non era "unha voz autorizada", a tamén deputada fixo fincapé en que non se fai "ningún favor" ao sistema regulamentario do partido cuestionando a compañeiros que "saen lexitimamente elixidos pola militancia". "Iso non nos fai ben", apostilou.

Pero Cancela vai máis aló ao argumentar que persoas con "significancia institucional" e "referentes" do PSOE, en clara alusión a Caballero, deben ser "os primeiros en mostrar ese respecto".

CANCELA COINCIDE COA DIAGNÓSTICO DE SÁNCHEZ

Preguntada polas declaracións de Pedro Sánchez, quen dixo que a actual xestora deixa ao PSOE "en terra de ninguén", Cancela, un dos principais alicerces de Sánchez entre os líderes autonómicos, recoñeceu que o Partido Socialista está nun momento "dramático". E é que, razoou, "esconder as verdades" non axudará aos socialistas a "pasar páxina".

Nesta liña, sinalou que, neste momento, hai "moita tensión" debido á "contraposición de visións" no seo do partido. "É o momento de resolvelo con toda normalidade", defendeu a tamén deputada, quen aposta por que as "discrepancias" non sexan "tan viscerales".

"Oxalá que cando finalice (o proceso de primarias e o Congreso) podamos estar todos tras o proxecto gañador", confiou Cancela, quen reivindicou ao PSOE como "o partido referente" e instou aos seus compañeiros de filas a "traballar máis e gritar menos".

Sobre os dous candidatos que, polo momento, aspiran a liderar o PSOE, Patxi López e Pedro Sánchez, Cancela asegurou que, como militante do PSOE e presidenta da xestora galega, encántanlle "os dous proxectos". No entanto, espera que algún outro compañeiro ou compañeira tamén aposte por da un paso adiante e presentarse --actualmente, todas as miradas están postas na andaluza Susana Díaz, a quen o propio Caballero animou a presentarse--.

INVITACIÓN AOS CANDIDATOS A FACER MITINS EN GALICIA

Acto seguido, fixo fincapé en que as convocatorias de primarias están "normalizadas" no seo do PSOE. "Unha vez que pasen esas primarias e ese congreso, espero que, gaña quen gañe, reciba apoios", subliñou a presidenta da xestora do PSdeG.

"E a partir de aí a construír e a ver se deixamos de ser noticia por cuestións internas e orgánicas e (o somos) máis ben por propostas políticas e traballo no Congreso e no Parlamento", opinou.

Cancela aproveitou esta pregunta dos medios para "marcar o posicionamento da xestora de Galicia": "Serán benvidos ao territorio calquera compañeiro que queira vir".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Caballero será sempre un fenómeno "escondendo as verdades" / Sen ir máis lonxe este luns terá acampados á porta do Concello aos sen teito de Vigo (eses que NON EXISTEN!) https://flic.kr/p/RCU48G