Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2016 | Actualizada ás 14:20
A presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, destacou a "grandeza" do que foi secretario xeral do Partido Socialista, Pedro Sánchez, que anunciou que deixa a súa acta de deputado no Congreso para non se ver obrigado a desobedecer ao comité federal, que decidiu a abstención este sábado na investidura de Mariano Rajoy.
Así se pronunciou a dirixente socialista, tamén deputada na Cámara baixa, a través da súa conta na rede social 'Twitter' despois do anuncio realizado este sábado por Sánchez previo á sesión que terá lugar esta tarde no Congreso.
"Qué grandeza! Ou se ten ou non se ten. Hoxe vin un político con maiúsculas! Non me equivoquei! Non nos equivocamos! Imos!", sinala a política galega.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.