Volve a guerra interna ao PSdeG

O último cruce de declaracións entre Pilar Cancela e Abel Caballero a conta de Leiceaga aviva as tensións internas. O voceiro parlamentario evita botar máis leña no lume. A falla dunha dirección galega, no fondo dos problemas entre os distintos sectores.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/02/2017 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

"Se hai outros compañeiros no partido socialista que consideran que se trata de facer oposición a outros compañeiros do partido socialista, non é o meu caso". Deste xeito resolveu este luns o voceiro parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, as críticas que lanzou contra el o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Xoaquín Fernández Leiceaga e Pilar cancela, do PSdeG, presentan dez medidas económicas para Galicia
Xoaquín Fernández Leiceaga e Pilar cancela, do PSdeG, presentan dez medidas económicas para Galicia | Fonte: PSdeG.

Foi a súa resposta ao ser preguntado en rolda de prensa sobre as críticas recibidas por parte de Caballero, quen opinou que non está "lexitimado" para desenvolver esa función na Cámara. Sen querer profundar "en cuestións orgánicas" sobre se falta diálogo entre a xestora do PSdeG e a agrupación máis numerosa de Galicia, Leiceaga subliñou que el só se vai a dedicar ao seu traballo no Pazo do Hórreo.

É o xeito que ten Leiceaga de tentar apagar un novo incendio no PSdeG cando aínda non se apagaron as brasas dos anteriores lumes que consumen internamente a esta formación desde a saída de Pedro Sánchez da dirección do PSOE.

Caballero insiste nas críticas

Non tardou en responder Caballero que este mesmo luns volveu criticar á presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, a quen fixo responsable, xunto co portavoz parlamentario de regalar "a maioría absoluta" ao PP.

Carmela Silva e Abel Caballero na sinatura dun acordo
Carmela Silva e Abel Caballero na sinatura dun acordo | Fonte: www.depo.es

 

A preguntas dos xornalistas sobre as declaracións de Cancela (nas que advertía de que non se fai "ningún favor" á normativa do partido cuestionando de forma permanente a Leiceaga), o alcalde de Vigo proclamou que "o que foi nocivo para o PSdeG foi o resultado das autonómicas, e regalarlle a maioría absoluta a Feijóo".

 

"A maioría absoluta a Feijóo regaláronlla Cancela e Leiceaga, unha como presidenta da xestora e outro como candidato. Éso foi o que lle fixo daño a este partido e a Galicia, porque agora temos que soportar unha maioría absoluta de Feijóo que vai producir unha enorme dor a moita xente", incidiu.

O problema da sucesión

Precisamente, e segundo as fontes consultadas por GC, os novos tirapuxas entre os socialistas galegos teñen que ver coa sucesión aberta dentro do Partido Socialista e, sobre todo, coa parálise interna na que se atopa a xestora de Ferraz e a xestora galega para resolvar os problemas internos.

"A decisión de Pedro Sánchez de presentarse novamente á Secretaría Xeral abriu a caixa dos tronos porque o 'aparato' pensaba que co paso de Pachi López non ía facelo", apuntan fontes consultadas próximas a Leiceaga. Por iso, explican que teña sido o alcalde de Vigo o que con máis forza pide a Susana Díaz que se presente como candidata para tentar despexar xa as dúbidas que existen entre moitos socialistas afíns á liña oficial.

De feito, a ninguén se lle pasou por algo que foi Caballero o impulsor do cumio de alcaldes en apoio á presidenta de Andalucía de hai unha semana. "Un claro xesto do total apoio do alcalde a Susana Díaz", indican estas fontes.

Pero por que ese apoio tan directo de Caballero nestes momentos?. "Porque quixo pulsar o apoio que ten Susana para que se acabe de convencer de que se ten que presentar", suliñan. "A cuestión non é si ten ou non que presentar, senón que conta cun amplio respaldo institucional e da militancia", apuntan outros dirixentes próximos ao líder vigués.

Crise no PSdeG

No claro posicionamento de Caballero a favor da presienta andaluza tamén está a situación interna que se vive en Galicia. E é que o rexedor de Vigo quere que se solucione "canto antes" a situación da xestora que preside a súa rival Pilar Cancela. Cren, desde o PsdeG vigués, que a "inoperancia" deste órgano está provocando "máis e máis debilidades" no partido en Galicia, como os problemas que existen en grandes cidades de Santiago, A Coruña ou Ferrol. 

"O problema é que Caballero quere meter a Carmela Silva para ese posto e ve que o único rival é Leiceaga, e por iso o ataca agora", din fontes próximas ao líder do Grupo Parlamentario. Sen embargo, polo momento, a xestora do PSOE tampouco quere abrir novas frontes internas á espera de que se resolva o futuro liderato do partido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Xabi

Non paran

3 urdangara delincuente

leitugas foi moi traidor o nacionalismo, foi a sentarse en cargo e darse a gran vida no partido corruPPteiro expañol o PE$$$$$OE... son expañois pero non son socialistas, pero foron moi ladrons e corruPPteiros, querían pactar cos de podreiros e podreiros tamen (-Vieiras veu do pe$$$$oe) pero non pode ser polos enfrontamentos nas sedes mandrileñas de perico de sanchez e Waldo das jons... errejon xa e cadáver, agora o colocaron en mandriles pero sin pedir permiso as bases nin nada ... todo operación de CUPULAS PUTREFACTAS E TRAIDORAS O POBO GALEGO, soamente lles interesan eles as suas manipulacións e sacar riquezas, o senado as deputación a monoarquia expaña enteira e un-ha satanocracia...

2 galego.si

Eu quero que se presente o impresentable de Caballero. Así levará á cruz do Castro e o dinoseto para Santiago. Ademais xa se presentou unha vez ....E quedou terceiro.

1 Gamela