Feridos cinco axentes de Santiago desprazados a Barcelona ao chocar un coche contra o seu furgón policial

O outro conductor saltou un stop e deu positivo na proba de alcolemia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2019 | Actualizada ás 15:51

Comparte esta noticia

Cinco axentes da Policía Nacional da Comisaría de Santiago de Compostela desprazados a Barcelona como reforzo con motivo da xornada electoral deste 10 de novembro resultaron feridos este domingo tras chocar un vehículo contra o furgón policial no que circulaban.

Segundo informaron a Europa Press fontes do Sindicato Unificado de Policía (SUP), o sinistro tivo lugar na mañá deste domingo cando un vehículo se saltou un sinal de stop e chocou contra o furgón policial lateralmente.

A Garda Urbana acudiu ao lugar e someteu ao condutor do outro turismo a un control de alcoholemia no que obtivo resultado positivo, destacaron as mesmas fontes. Aos cinco axentes da Comisaría de Santiago feridos realizáronlles diversas probas médicas e "atópanse fóra de perigo", indicaron as mesmas fontes, que apuntaron que presentan contusións e dor de costas.

Os axentes accidentados desprazáronse o mércores, xunto a outros efectivos desde Galicia, para reforzar o dispositivo policial en Barcelona con motivo das eleccións xerais deste domingo.

Furgón policial. EUROPA PRESS - Arquivo
Furgón policial. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta