Segue baixando a participación en Galicia

Ás18,00 horas é do 53,27% en Galicia, 5,64 puntos menos que o 28 de abril.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2019 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

As eleccións ás Cortes Xerais deste 10 de novembro rexistra unha participación do 53,27% en Galicia, co 96,81 das mesas analizadas, segundo os datos publicados polo Ministerio do Interior na súa páxina web.

Estes datos confróntanse aos recolleitos nos comicios do pasado 28 de abril, cando a participación ás 18,00 horas era do 58,91%. É dicir, a dúas horas de pechar os colexios electorais en Galicia xa votaran 1.320.046 persoas, 5,64% menos que hai sete meses.

Segundo o Ministerio, 482.069 coruñeses xa acudiron ás urnas (o 52,81% dos votantes) este domingo. Así, tamén o fixeron 141.574 lugueses (o 51,41%) e 133.259 cidadáns de Ourense (52,24%).

Pola súa banda, a provincia de Pontevedra é a única que rexistrou un índice de participación superior ao da media da Comunidade. Alí, 54,85% habitantes saíron a exercer o seu dereito ao voto, o que se traduce en 422.728 persoas. A pesar deste repunte, ningunha das catro provincias alcanza as porcentaxes rexistradas o pasado 28 de abril. Nin a nivel nacional nin autonómico.

DATOS ESTATAIS

No conxunto do Estado, a participación ata as 18,00 horas sitúase no 56,8% co 99% das mesas analizadas. Nas eleccións do 28 de abril de 2019 a participación á mesma hora foi do 60,74%, polo que a participación nestas eleccións xerais é 3,9 puntos inferior á de fai sete meses.

Os colexios electorais galegos abertos para a votación das eleccións xerais do 10 de novembro
Os colexios electorais galegos abertos para a votación das eleccións xerais do 10 de novembro | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta