En Marea urxe ao PSOE a apostar por un goberno "progresista" que "peche a porta" a outras eleccións

Di que pode ser un exemplo para construír unha "alernativa" progresista nas galegas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2019 | Actualizada ás 00:03

Comparte esta noticia

En Marea pediu constituír "xa" un goberno "progresista" que desbloquee a situación política e "peche a porta" á posibilidade dunhas terceiras eleccións. Así se pronuncia esta formación a través dunha nota de prensa na que se reivindica "coa lexitimidade" que lle dá "adoptar a decisión de non concorrer puntualmente" a esta cita electoral "para evitar un fraccionamento do voto progresista galego que puidese propiciar o avance das dereitas en Galicia".

Neste escenario, fai "os chamamentos necesarios para facer valer, nesta ocasión si, os resultados", co obxectivo de que "se escoite a decisión da cidadanía". "Especialmente" refírese ao líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, e ao do PSOE, Pedro Sánchez, de quen di que "deben decidir inequivocamente en que bando xogan, se no do progreso social ou no do tacticismo partidario que fai avanzar á extrema dereita".

Sobre o horizonte electoral galego, avoga por "construír unha alternativa capaz de derrotar a Feijóo e abrir unha primavera social e galeguista en 2020, que atenda ás emerxencias feminista, ambiental e social que vive o país".

Por último, interpreta que o resultado electoral "evidencia que a plurinacionalidade no estado é unha realidade sociolóxica e electoral, e que a gobernabilidade progresista pasa polo recoñecemento desa realidade democrática".

O portavoz de En Marea, Luís Villares.
O portavoz de En Marea, Luís Villares. | Fonte: En Marea

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Logo de esmendrellar o proxecto de En Marea (agora no grupo mixto) e ir de muñidor dos votos que precisaba a UPG gañadora do escano (por 25.000 votos novos!), agora seica falamos de Plurinacionalidades !!! Home por favor !!! Se marcharas a vestir a toga e calaras para sempre!!! Ou aínda pensa seguir a chupar no Pazo do Hórreo logo de 2020 ???