Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2019 | Actualizada ás 23:30
As bágoas e os abrazos de alegría han protaonizado a noite electoral do BNG este 10 de novembro, data na que catro anos despois consegue volver ao Congreso cun escano. O deputado electo pola circunscrición da Coruña, Néstor Rego, e a portavoz nacional da formación, Ana Pontón, coincidiron en marcarse o "obxectivo" de "botar a Feijóo e ao PP da Xunta" o próximo 2020.
Ao redor das 22,30 horas e co escrutinio por encima do 90%, compareceu o núcleo duro do Bloque para valorar uns resultados que, en palabras de Rego, supoñen "cumprir o obxectivo marcado": "Que o BNG volva estar no Congreso.
Pola súa banda, Ana Pontón prometeu que "Galicia vai estar representada e defendida como se merece" en Madrid e apelou a "porse a traballar para que este novo impulso" da formación "sexa a clave para que en 2020" na Comunidade "non goberne o Partido Popular" e que o nacionalismo galego "sexa decisivo".
Así, a líder frontista apelou a "porse a traballar para que este novo impulso" do Bloque "sexa a clave para que en 2020" en Galicia "non goberne o Partido Popular" e que o nacionalismo galego "sexa decisivo". "Hoxe é un día importante para Galicia, para todos os galegos, porque imos ter voz propia. Facemos que Galicia apareza politicamente no Estado", celebrou, para despois dirixirse aos 119.536 votantes e dicirlles que "poden ter a confianza" neles: "Non lles imos a fallar e imos estar á altura".
Ante un PSOE que se afasta da maioría absoluta no Congreso e que se verá forzado a dialogar para a investidura de Pedro Sánchez, Ana Pontón mostrou a "disposición de colaborar para que haxa un Goberno de progreso", pero advertiu que "a axenda dos galegos vai estar no centro" das súas políticas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.