Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2019 | Actualizada ás 18:59
Un total de 79 centros galegos desenvolverán ao longo deste curso o programa 'Biblioteca Creativa', unha iniciativa que naceu co fin de estimular a iniciación dos alumnos de infantil e primaria na robótica e na linguaxe da programación.
Os 25 centros que se incorporan este ano, segundo explicou a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, recibirán os materiais necesarios para a construción dun mínimo de catro 'Escornabots'.
En concreto, trátase dun pequeno robot construído sobre 'Anduino', a plataforma robótica máis estendida a nivel educativo e profesional e que conta cunha boa base de documentación para os proxectos que se realicen nas bibliotecas.
Doutra banda os 54 centros que renovan a súa participación no proxecto recibirán unha asignación para amplialo, ben sexa a través da dotación dun recuncho creativo dentro da biblioteca con recursos de robótica e impresión 3D; coa adquisición de materiais para investigación, experimentación e creación; ou formación do alumnado en talleres de creación audiovisual e outros ámbitos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.