Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2019 | Actualizada ás 11:00
O que fora membro de Screaming Trees e Queens of the Stone Age, Mark Lanegan, actuará este xoves, día 24 de outubro, na Sala Capitol de Santiago de Compostela con motivo do ciclo American Autumn SON Estrella Galicia 2019.
O líder durante os oitenta e noventa dun dos grupos máis destacados da escena 'grunge' de Seattle presentará, a partir das 21,00 horas, na capital galega o seu novo álbum 'Somebody's Knocking'.
Editado a medias co multi instrumentalista inglés Duke Garwood, no seu último traballo Lanegan volve facer gala da súa personalísima voz e do halo enigmático que o rodean. A apertura de portas será ás 21,00 horas e o prezo da entrada é de 22 euros anticipada e 28 euros en despacho de billetes.
Ademais deste espectáculo, o ciclo American Autumn SON Estrella Galicia 2019 inclúe a actuación de Jonathan Wilson no Auditorio Municipal de Ourense o próximo 14 de novembro, así como o concerto de The Mountain Goats o 23 de novembro no Pub Torgal da cidade das Burgas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.