Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2019 | Actualizada ás 19:59
Un home faleceu este domingo despois de deslizarse por unha costa en patíns e caer nunha cuneta no municipio ourensán de Castrelo de Miño, preto das 12,30 horas.
Así o informou o 112-Galicia, que non puido precisar a causa da morte, porque aínda non se sabe se a caída provocou o falecemento ou "a persoa sentiu indisposta previamente".
O incidente produciuse na estrada OU-402, ao seu paso por Castrelo de Miño, como así comunicaron as persoas que alertaron ao 112 do que sucedera. En concreto, viron unha persoa tirada na cuneta e chamaron para pedir axuda.
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias avisouse ao 061, pero os efectivos sanitarios "nada puideron facer por salvar a vida do home". Pola súa banda, as autoridades policiais e xudiciais serán as responsables de aclarar as circunstancias da morte. Este operativo completouse coa colaboración dos voluntarios de Protección Civil da localidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.