Ilesos os dez pasaxeiros que viaxaban nun tren FEVE que descarrilou en Cerdido

O suceso produciuse ás 17,10 horas deste martes no apeadeiro de Cunqueira.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2019 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

Os dez pasaxeiros que viaxaban nun tren FEVE que unía Ribadeo e Ferrol saíron ilesos despois de que o vagón descarrilase en Cerdido por un arroiamento de pedras.

Tren FEVE na estación de Cerdido
Tren FEVE na estación de Cerdido | Fonte: Piotr Kłos en Wikipedia.

Segundo informan fontes de Renfe, o suceso produciuse ás 17,10 horas deste martes no apeadeiro de Cunqueira, en Cerdido.

Os pasaxeiros, que resultaron ilesos, foron trasladados en taxi ata o seu destino. A incendencia interrompeu o tráfico na zona e afectou seis servizos da liña de ancho métrico entre Ribadeo e Ferrol, e Ribadeo e Ortigueira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta