Sánchez e Iglesias chegan a un acordo de Goberno no Estado e buscan o apoio de nacionalistas non independentistas

Os líderes do PSOE e de Unidas Podemos agardan que a este pacto se sumen os nacionalistas do PNV e do BNG, Más País, o Partido Regionalista de Cantabria, Coalición Canaria ou Teruel Existe.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/11/2019 | Actualizada ás 14:58

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno en funcións e líder do PSOE, Pedro Sánchez, e o líder de Podemos, acadaron este martes un acordo de goberno "ilusionante", en palabra dos dous, que busca o desbloqueo político que durante tantos meses afectou ao Estado.

Pedro Sánchez (PSOE) e Pablo Iglesias (Podemos)
Pedro Sánchez (PSOE) e Pablo Iglesias (Podemos) | Fonte: RTVE.

"Os españois falaron e correspóndenos aos partidos responder á súa vontade", dixo Sánchez, mentres que Iglesias destacou a honra que supón para a súa formación formar parte do Executivo. Ambas as formacións integrarán un Executivo de coalición co xefe dos morados como novo vicepresidente.

Os dous líderes solemnizaron o pacto este martes pasadas as 14 horas. Asinaron un documento programático no Congreso, que actuará como folla de ruta do novo Gabinete. Un texto que fixa entre as súas prioridades a loita contra a corrupción e o cambio climático, a aprobación de novos dereitos, o despregamento de políticas feministas ou a garantía da "convivencia" en Cataluña, co fomento do "diálogo" sempre "dentro da Constitución".

Socialistas e morados suman, tras os comicios do 10-N, 155 escanos, dez menos que tras as xerais do 28 de abril. Pero esa maioría completaríase cos tres deputados de Más País e probablemente os sete do PNV. Tamén buscan que ese acordo sexa apoiado polo BNG, o Partido Regionalista de Cantabria, Teruel Existe ou Coalición Canaria.

O acordo chega logo de intensas negociacións de distintos dirixentes nas últimas horas e despois de que Pablo Iglesias indicara o pasado domingo a súa vontade de formar un Executivo progresista, que necesitaría o concurso dos independentistas, para frear a Vox. "O 28-A había unha oportunidade histórica para formar un Goberno de coalición, agora é unha necesidade histórica", porque se trataría "da única maneira para frear á extrema dereita no noso país, cun Goberno con estabilidade suficiente e que garanta políticas sociais", asegurou o líder de Unidas Podemos en comparecencia ante os medios de comunicación, entón.

REACCIÓNS

Tras coñecerse o acordo comezaron a sucederse as reaccións en Galicia.

PREACORDO

Estes serían os puntos do Preacordo acadado segundo publica El Confidencial:

 

1. Consolidar el crecimiento y la creación de empleo. Combatir la precariedad del mercado laboral y garantizar trabajo digno, estable y de calidad.

 

2. Trabajar por la regeneración y luchar contra la corrupción. Proteger los servicios públicos, especialmente la educación – incluyendo el impulso a las escuelas infantiles de cero a tres años-, la sanidad pública y la atención a la dependencia. Blindaje de las pensiones de nuestros mayores: asegurar la sostenibilidad del sistema público de pensiones y su revalorización conforme al coste de la vida. La vivienda como derecho y no como mera mercancía. Apostar por la ciencia como motor de innovación económica y dignificar las condiciones de trabajo del sector. Recuperar talento emigrado. Controlar la extensión de las casas de apuestas.

 

3. Lucha contra el cambio climático: la transición ecológica justa, la protección de nuestra biodiversidad y la garantía de un trato digno a los animales.

 

4. Fortalecer a las pequeñas y medianas empresas y a los/as autónomos/as. Impulsar la reindustrialización y el sector primario. Facilitar desde la Administración las bases para la creación de riqueza, bienestar y empleo, así como el impulso digital.

 

5. Aprobación de nuevos derechos que profundicen el reconocimiento de la dignidad de las personas como el derecho a una muerte digna, a la eutanasia, la salvaguarda de la diversidad y asegurar España como país de memoria y dignidad.

 

6. Asegurar la cultura como derecho y combatir la precariedad en el sector. Fomentar el deporte como garantía de salud, integración y calidad de vida.

 

7. Políticas feministas: garantizar la seguridad, la independencia y la libertad de las mujeres a través de la lucha decidida contra la violencia machista, la igualdad retributiva, el establecimiento de permisos de paternidad y maternidad iguales e intransferibles, el fin de la trata de seres humanos con fines de explotación sexual y la elaboración de una Ley de igualdad laboral.

 

8. Revertir la despoblación: apoyo decidido a la llamada España vaciada.

 

9. Garantizar la convivencia en Cataluña: el Gobierno de España tendrá como prioridad garantizar la convivencia en Cataluña y la normalización de la vida política. Con ese fin, se fomentará el diálogo en Cataluña, buscando fórmulas de entendimiento y encuentro, siempre dentro de la Constitución. También se fortalecerá el Estado de las autonomías para asegurar la prestación adecuada de los derechos y servicios de su competencia. Garantizaremos la igualdad entre todos los españoles.

 

10. Justicia fiscal y equilibrio presupuestario. La evaluación y el control del gasto público es esencial para el sostenimiento de un Estado del bienestar sólido y duradero".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

14 anonimo

Os deputados podemitas en Galiza xa demostraran a sua inaccion, e mais ainda se lle dan unha carteira. O BNG o que ten que facer e deixar isto en evidencia, reivindicar melloras para o pais e non deixar de apoiar aos soberanistas

13 pe.e.pe.e

O que ten que facer Nestor é deixarse de falcatruadas nacionalistas e a cambio do seu voto conseguir pra Galicia pe.a.ese.te.a ... PASTA.

1 Xian do Sil

Entendido. Pasta gansa para para la UPG, para la Mesa pola Anormalizacion Lingüistica, otros 500 liberados sindicales para la CIG, dinero para los demás chiringuitos da U,..y un coche oficial con chófer galegofalante para Pontona ahora que va a ser mamá.

12 Gamela

Este documento de acordo ten unha fronteira moi clara: a RENUNCIA ao dereito de autodeterminación de tódalas nacionalidades do Estado ! Se non é así esto será papel mollado! Agora toca palparse as roupas antes de botar pola borda esta oportunidade ! Detrás do fracaso está VOX agardando a súa oportunidade de INVOLUCIÓN TOTAL !!! Cada quen que bote as súas contas !!!

1 Carmen Lastra

Gamela, ti deliras! Non son da UPG, nin voto BNG, aclaro. Agora ben, que a UPG-BNG teña representante próeche tanto que desbarras: de que suma para soster goberno estás falando? Nin as tres forzas de Catalunya, nin as dúas bascas, van renunciar á autodeterminación, logo --con ou sen BNG-- o acordo do que falas é un disparate! Renuncia ti aos teus dereitos como persoa libre e faite escravo! De verdade, procura axuda especializada, que o xogo acaba de comezar e a túa regra esencialista da unidade española igual ten data de caducidade.

2 Gamela

¿Como rabuñou un deputado a UPG? -- Con Villares NON, Con Anova NON, Con CxG SI ? En canto Néstor Rego apareza no Congreso do lado de ERC e Bildu as eleccións galegas do 2020 estarán de novo en mans do PP (e o que é peor de VOX) ? Entendes agora? Pero xa verás como o PNV non ten inconveniente en meter o dereito á autodeterminación na carpeta e apoiar un "goberno de progreso" (?)

3 Buceta

Se Podemos perdeu 60.000 votos galegos, dos cales Bescansa levou 20.000, de onde sacas que outros tantos aumentados para o BNG non veñen das Mareas e ANOVA? Acreditas que CxG supera unhas dúcias de militantes e escasos centos de votantes, por moito que estires para chegar ao millar? Ou realmente estas a enredar debido a túa obsesión contra o nacionalismo galego e a favor do español (Galicia Bilingüe)? Por que non pides a renuncia de Yolanda e Garzón e que rexeiten o comunismo pola súa condición de militantes do PCE?

4 limico

Meu fillo, ti deliras co BNG. Recomendoche un bo especialista en trastornos mentais. Ás e aos votantes do BNG importanos un carallo as túas opinións. O que nos importa é que Galiza xogue no taboleiro de Madrid, e a tí tamén debería importarche pois os teus intereses como galego tamén están en xogo.

5 Gamela

Buceta, non me explique ou non me entendes, dicimos o mesmo! O incremento do BNG vén precisamente dos desencantados das mareas (previamente machacadas polo BNG!) Claro que a mesma Alexandra Kollontai solicitou o voto para BNG (como mal menor) e Quintana resucitou dicindo que non quedaba outra que votar UPG! Yolanda e Garzón (buscaron un oco para sentar o cú) pero non levan a Estreleira clavada na fronte para xustificar o seu fracaso como leva facendo a UPG dende hai 55 anos e mangoneando o BNG hai 40 anos (Nestor Rego) ! Limico, se aos votantes do BNG vos importa un carallo que os vosos votos vaian sentar a ERC e a Bildu e NON a Galicia no taboleiro, alá tí e alá vós !!!

11 UPG S.A.

Alá vai Nestor para o que guste mandar Falconetti e para procurar que as térmicas galegas péchense canto antes, porque os da U somos moi ecolóxicos. Nada de empregos industriais, que iso é de fatxas, todos burócratas da Xunta

10 Gamela

Pedimos a renuncia do deputado da UPG Néstor Rego (os acordos de autodeterminación deixarían a Galicia fóra de xogo!) UPG DISOLUCIÓN! Galicia non pode xogarse o futuro para manter élites políticas moi minoritarias! Os votantes do BNG deberan tomar medidas urxentes! Especialmente pensando nas eleccións galegas de 2020 !!!

1 urco

Emprega o singular ou identifica ao grupo que pretendes representar.