Temas: GALICIA INFOJOBS

Queres traballar en Galicia?.... Segundo Infojobs sobra onde facelo

Esta plataforma rexistra máis de 10.800 vacantes para traballar en outubro. O que non sinala é a calidade deses empregos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A plataforma para atopar traballo InfoJobs rexistrou durante o mes de outubro 10.800 vacantes para traballar en Galicia, dun total de 236.274 en toda España.  Un traballo que, na maior parte das ocasións, é emprego en precario do que non se fala nas ofertas deste tipo de plataformas.

De feito,  71.836 vacantes son contratos temporais. Outro 31% das ofertas publicadas en outubro son contratos indefinidos, igualando practicamente a porcentaxe de contratos de duración determinada ofertados (31,5%). 

Por categorías, a de comercial e vendas concentrou o maior número de postos de traballo en outubro nas ofertas publicadas por InfoJobs (43.311), seguido de atención ao cliente (29.377 vacantes) e informática e telecomunicacións (26.972 vacantes).

Destaca tamén a categoría de compras, loxística e almacén, con 23.378 postos ofertados. InfoJobs subliña que esta categoría seguirá crecendo polo 'Black Friday' e a campaña de Nadal.

Por comunidades autónomas, as que máis ofertas publicaron no décimo mes o ano foron Madrid (78.518 vacantes), Cataluña (53.881) e Andalucía (20.870).

Supermercado
Supermercado | Fonte: EP

Temas: GALICIA INFOJOBS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Pitito

Ou sexa emprego de calidade e con perspectivas de futuro para a nosa mocidade: repoñedores de super, dependientes de zara, teleoperadores... Dende logo, xa vos vale!!! Poderíades ser máis serios coss novas que poñedes!!!

1 Gan Dul

Moitos van despois para o Reino Unido cobrar a 6,5 ou 7 libras a hora... Así que é mellor cobrar aquí 900 euros ao mes que 2500 libras alí matándote a traballar e das que 800 ou 1000 xa se lles van en alugar apartamentos compartidos. Si que hai un problema de non querer traballar. Eu tiven problemas para atopar xente pagando 15 euros a hora. Para unha persoa que non necesita ningún tipo de preparación nin título non está nada mal..., non? ESTOU DE ACORDO que para unha persoa que ten un título e unha boa preparación é triste que non haxa traballos mellores, pero iso dependen da estrutura industrial dun país e por suposto dos "mergdallentos" empresarios que hai por estes lares. Pero unha dependenta de Zara que ten como moito o 4º da ESO debería estar contenta ou caixeiras de supermercado sen estudos. Tampouco podes aspirar a ser director dunha infraestrutura se fixeches a Formación Profesional Básica.