Esta análise baséase nos prezos medios da vivenda en aluguer do índice inmobiliario de Fotocasa e os datos dos soldos medios das ofertas de emprego da plataforma InfoJobs. Tendo en conta o salario bruto medio mensual de Galicia en 2022 rexistrado por InfoJobs (1.841 euros) e o prezo do metro cadrado da vivenda en aluguer en agosto de 2023 (8,46 euros/m2 ao mes), o galego medio podería alugar 65 metros cadrados de vivenda cos 552 euros.