Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2025 | Actualizada ás 13:17
As vacantes de emprego en Galicia creceron un 7% en decembro, en comparación co mesmo mes de 2023, ata case 6.900 ofertas, segundo datos rexistrados na plataforma de InfoJobs. Así, esta cifra supón un 26,1% menos que no mes de novembro, cando existían 9.334 vacantes. Galicia situouse así como a sétima comunidade española con máis ofertas activas, por detrás de Madrid (41.748), Cataluña (29.122), Andalucía (18.645), Comunidade Valenciana (15.951), Castela-A Mancha (8.531) e Castela e León (7.381).
Un 26,4% do total de vacantes en Galicia son de carácter indefinido e case una de cada cinco corresponden a sectores vinculados á actividade comercial. En concreto, peón da industria manufacturera é o posto máis demandado en Galicia en decembro, con case 630 ofertas; seguido do teleoperador, con preto de 480, e do delegado comercial, con máis de 410.
DATOS ESTATAIS
A nivel estatal, as vacantes de emprego en decembro alcanzaron os 155.737 postos de traballo ofertados, o que supón un lixeiro incremento do 1% respecto ao mesmo mes do ano anterior, pero un 29% menos respecto de novembro, sempre segundo datos rexistrados na plataforma de InfoJobs.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.