A oferta de emprego en Galicia cae un 2% no mes de xullo, segundo a plataforma InfoJobs

Dos postos de traballo, soamente o 17% figuran como contratos indefinidos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2019 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

O portal de ofertas de traballo InfoJobs fixo públicas as cifras de creación de emprego que rexistrou durante o mes de xullo, das que se pode deducir un descenso do 2% respecto ao mes anterior en Galicia. Nesta comunidade ofrecíase un total de 10.829 vacantes en xuño, cifra que caeu ata os 10.588.

Dos postos ofertados para Galicia na plataforma, un 17% pertencen á modalidade contractual indefinida, mentres que a modalidade contractual determinada supón o 43%. O 40% restante de ofertas non concretan esta información aos seus usuarios.

A pesar dos datos galegos, InfoJobs reportou un crecemento do 4% no número de oportunidades laborais durante xullo en toda España, posto que en total ofertáronse 264.074 vacantes de emprego, o que supón 9.264 de ofertas máis que en xuño. Repetindo a tendencia de meses anteriores, Madrid, Cataluña e Andalucía son as comunidades autónomas que máis novas oportunidades de emprego rexistran. O 66% das vacantes ofertadas na páxina de InfoJobs concéntranse neste tres comunidades.

De acordo con InfoJobs, Comercial e vendas é a categoría na que máis ofertas se rexistran, en total o 15% das vacantes do portal de emprego. Compras, loxística e almacén acumula o 12% e Atención ao cliente o 11%. Outros sectores que tamén axudaron á xeración de postos de traballo son Artes e oficios, Informática e telecomunicacións e Turismo e restauración, segundo os datos de xullo.

Unha traballadora da limpeza entra nun edificio co carriño da limpeza.. Ricardo Rubio - Europa Press
Unha traballadora da limpeza entra nun edificio co carriño da limpeza.. Ricardo Rubio - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta