A empresa que asume o rescate do quimiqueiro encallado en Ares participou nas operacións do 'Prestige'

Unha segunda manobra de Salvamento Marítimo abortouse despois de que unha das estachas dun remolcador rompese. Estudan trasladar á zona un robot submarino. O armador do buque decide contratar a SMIT Salvages, considerada como a compañía máis importante de rescates en todo o mundo. A asociación Arco Iris pide explicacións a Fomento pola presenza desta empresa.

Por Europa Press / Redacción | Ares | 24/11/2019 | Actualizada ás 10:54

Comparte esta noticia

Á segunda tampouco foi a vencida. O buque 'Blue Star', con bandeira de Malta e de 128 metros de eslora, continúa encallado na costa do municipio de Ares, nas proximidades de Punta Miranda, despois de que as estachas que unían o quimiqueiro co remolcador 'Don Inda', de Salvamento Marítimo, rompesen cando este último comezou a tirar.

O buque 'Blue Star' encallado na costa de Ares (A Coruña). IAGO VARELA
O buque 'Blue Star' encallado na costa de Ares (A Coruña). IAGO VARELA

Ante este contratempo, o outro remolcador que tiña amarre á frota embarrancada, o 'Ibaizabal Nueve', abortou a manobra.

A operación realizouse minutos antes das 02,00 horas da madrugada deste domingo, 24 de novembro, coa coordinación da torre de control de tráfico marítimo situada no dique de abrigo da Coruña.

Previamente, Salvamento Marítimo desprazara dous mergulladores de Fene para as operacións de reflote, que foron trasladados ata a zona polo helicóptero Helimer 401.

ROBOT SUBMARINO

Tras este segundo intento, Salvamento Marítimo decidiu que os remolcadores 'Don Inda' e 'Ibaizabal Nueve' estivesen de novo no lugar ás 09,00 horas deste domingo. A idea era preparar o operativo de reflote para a pleamar das 14,23 horas, momento elixido para realizar un terceiro intento de arrastre.

Na operación tamén participaron o helicóptero 'Helimer 401' e 'Salvamar Betelgeuse', así como os dous trens de remolque desprazados.

Os responsables de Salvamento Marítimo, dependente do Ministerio de Fomento, estudaban trasladar á zona un robot submarino, que existe na base situada no polígono industrial de Vilar do Colo, en Fene.

Este dispositivo sería utilizado para ver se hai danos na embarcación e para determinar como é o fondo mariño sobre o que está asentado o barco.

EMPRESA HOLANDESA

O armador do buque 'Blue Star' decidiu contratar a empresa holandesa SMIT Salvage para tratar de rescatar o buque quimiqueiro de 128 metros de eslora. Por iso, Salvamento Marítimo decidiu abortar a operación que tiña previsto desenvolver desde as 14,23 horas deste domingo, coincidindo coa preamar, na que dous remolcadores tratarían de reflotar o quimiqueiro por terceira vez.

Tras a contratación da empresa holandesa, os seus especialistas deberán presentar ante Capitanía Marítima un plan de salvamento, que terá que ser autorizado e que permitirá que os profesionais de SMIT Salvage tomen as rendas do rescate, para o que aínda non hai data.

Segundo apuntan fontes consultadas, SMIT está considerada como a compañía máis importante de rescates en todo o mundo. Está adoitada actuar en todo tipo de sinistros no mar, nas condicións máis difíciles, con persoal especializado e con medios materiais moi sofisticados.

EXPERIENCIA NO 'PRESTIGE'

A empresa holandesa SMIT Salvage BV participou no intento de rescate do 'Prestige' para levalo cara a mar aberto a mediados de novembro do ano 2002.

Ademais, SMIT Salvage formou parte do operativo que en xaneiro de 2012 extraeu o combustible do cruceiro 'Costa Concordia', que chocou contra as roHcas fronte á illa de Giglio, en Italia.

EXPLICACIÓNS

A asociación ecoloxista Arco Iris, unha das partes do caso xudicial do 'Prestige', pediu ao Ministerio de Fomento "que explique" a presenza da empresa holandesa Smit Salvage BV nos labores de reflote do buque quimiquero 'Blue Star'.

Arco Iris tacha de "lamentable" que se tivese que recorrer aos seus servizos despois da súa actuación no remolque do 'Prestige' en novembro do 2002, que "xa forma parte da máis negra memoria colectiva de Galicia".

Para a entidade ecoloxista, Smit Salvage BV percibiu "cuantiosos beneficios" por ver na "desgraza marítima unha oportunidade incesante de ingresos".

Por iso, Arco Iris insta as autoridades marítimas a "aclarar de forma inmediata todo o relacionado con este novo 'Casón'". "A sociedade galega merece urxentes explicacións acerca dun naufraxio que puido ter moi serias consecuencias ambientais de ir o barco cargado", advirte.

Non en balde, este colectivo tamén ve "impresentable" que o suceso ocorrese á entrada do porto e non se tomaron as "medidas preventivas incluídas no plan de continxencias aprobado tras a catástrofe do 'Prestige'".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 anonimo

Cheirame moi mal,haber si retirando todo o combustible,que pesa dabondo,fanno reflotar,e si non CHATARREIROS ATENTOS...

3 ejpaña ten mar?

Que chamen o ALP DEFENDER ou o FAR SAMSON, este último o remolcador máis potente do mundo e o outro entre os 5 primeiros. Construidos no 2017 e no 2009 respectivamente. Ah!!!! Claro!!! Un é holandés e o outro noruego. E isto é Ejpañistán con centro de mando marítimo en Madrid, secarral de la Mancha.

2 competencia do mar xa!

Non teñen medios ningún a santa "puta "merda de expaña nos ten tirados no cubo do lixo na idocia mais absluta expostos os elementos e as traxedias... seguramente teran que pedir axuda os grandes Alemania, Rusia ou estados unidos en expaña non existe capacidade ningún-ha e seguramente siguen sin ter postas as barreiras anticontaminación.. a capitania española do mar soamente esta para cobrar impostos os barcos e para traer o peor trafico do mundo, por iso temos que reírnos ata deixar os pulmos baleiros, dando grazas con humildade a expaña e o que fai por nos... están facendo moito por nos! PARECE IMPOSIBEL QUE OS TONTOS DE SEMPRE SIGAN A RIRSE OS VENDIDOS A EXPAÑA!!! polo amor de Deus que caste de carallada e isto!!!

1 Gamela

a este bicho non o sacan daí así veña un tsunami ! está completamente embarrancado (non encallado!) xa poden ir preparando os sopletes para cortar en anacos o buque ou teremos Blue Star para moitos anos! https://www.marinetraffic.com/en/ai... Podedes seguir as operacións en directo...