Coñece cales son as ameazas á informacion e á liberdade de expresión e como combatelas

O Colexio de Xornalistas xunta este xoves en Santiago a destacados especialistas e medios, entre eles, Galicia Confidencial, para falar do fenómeno das fakenews e da desinformación.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/11/2019 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

A aparición de diferentes fenómenos que aumentan o peso da desinformación no panorama mediático, especialmente, a proliferación de bulos e noticias falsas está tendo un forte impacto na sociedade e na política. Non é un fenómeno novo, pero hai pouca información sobre a súa expansión e como combatelo.

Rapaces de varios puntos de Galicia realizan un obradoiro no que contrarrestar as mensaxes de odio e as fake news
Rapaces de varios puntos de Galicia realizan un obradoiro no que contrarrestar as mensaxes de odio e as fake news | Fonte: Agareso

Precisamente, e para analizar esta problemática, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia organiza a xornada Desinformación e ameazas á liberdade de expresión: Retos do xornalismo ante a irrupción dos extremismos. Unha xornada que terá lugar o vindeiro xoves 28 de novembro no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.

O evento reunirá a xornalistas como Paolo Berizzi, Marta Peirano ou Edith Rodríguez, especializados en extremismos, desinformación e ataques á liberdade de expresión, que ofrecerán cadansúa conferencia. Ademais terán lugar tres mesas redondas con xornalistas, responsables de verificación e fact-checking e representantes do ámbito académico.

Paolo Berizzi falará sobre “O avance da extrema dereita en Europa: Desafío para o xornalismo”. Berizzi destaca como investigador do neofascismo no seu país desde as páxinas do diario La Repubblica e de libros como NazItalia. A xornada de mañá completarase con dúas mesas redondas; “As fake news como estratexia informativa”, coa participación de Marilín Gonzalo (de Newtral.es), Patricia R. Blanco (do blog ‘Hechos’ de El País), Eli Vivas (da plataforma Verificat e Storydata)  e César Peña (do Laboratorio de Innovación Audiovisual de RTVE). 

COMO AFRONTAR ESTES FENÓMENOS DESDE O XORNALISMO

Na segunda, os xornalistas Fernando Varela (infoLibre), Virginia P. Alonso (Público), María Obelleiro (Sermos Galiza e Nós Diario), Xosé Hermida (El País), Xurxo Salgado (Galicia Confidencial) e David Lombao (Praza Pública) debaterán sobre "Os novos  movementos extremistas e como afrontar o fenómeno desde o xornalismo".

Ás catro da tarde reanudarase a actividade cunha conferencia de Marta Peirano, “Facer xornalismo na era da desinformación”. Xornalista e ensaísta, especializada en tecnoloxía e poder, Peirano foi xefa da sección cultural de eldiario.es e fundadora de CryptoParty Berlín e Copyfight. 

A continuación, a mesa redonda "Ameazas para a información no mundo dixital", xuntará aos expertos das universidades Alexandre López-Borrull (Universitat Oberta de Catalunya), Raúl Magallón Rosa (Universidad Carlos III), Dolors Palau-Sampio (Universitat de València) e Edita de Lorenzo (Universidade de Vigo, COETG).

A xornada rematará con Edith Rodríguez, relatora para os ataques contra a liberdade de prensa de Reporteiros Sen Fronteiras España, que impartirá a conferencia "Os ataques á liberdade de prensa en España".

A inscrición nas xornadas é gratuíta até completar o aforo do auditorio e pode realizarse a través do formulario dispoñible na rede. Ás persoas asistentes entregaráselles un diploma acreditativo. Para máis información pode consultarse co Colexio de Xornalistas no correo electrónico xornalistas@xornalistas.gal, no teléfono 981 93 56 70, ou na súa sede na Rúa Ponferrada, 9, baixo, de Santiago de Compostela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Gamela

A mellor charla da tarde foi sen dúbida a de Marta Peirano "Facer xornalismo na era da desinformación" é lástima que o streaming non sexa arquivado para que poda estar accesible a todos durante moito tempo... A pregunta de Xurxo Salgado sobre qué información ofrecerlle aos lectores tivo unha resposta contundente: A MELLOR INFORMACIÓN POSIBLE ! E iso só poderemos tela se axudamos económicamente a manter medios INDEPENDENTES como GC (?) Rascarse o peto compañeiros !!! E ogallá teñamos moitos anos de Prensa Libre por diante !!! https://youtu.be/7wPFYdazgUs Saúde e Boa Fortuna !

2 Gamela

Afortunadamente no último minuto estánse a retransmitir en DIRECTO estas xornadas ! https://youtu.be/7T_ESzg_QnQ Saúde e Adiante pola Liberdade de Información neste mundo escuro e corrupto !!! O xornalismo independente é fundamental para manter un sistema democrático !!!

1 Gamela

É unha verdadeira lástima que estas conferencias non se transmitan on-line ! A liberdade de información está sendo cercenada por un principio económico que non aparece nas xornadas e que consideramos básico para o ACCESO á información ! https://i.gal/gamela22 Pero alá cada quén coa súa Historia (?)