Por Galicia Confidencial | Zas | 18/12/2019 | Actualizada ás 14:09
Un conductor kamikaze foi cazado sobre o mediodía deste mércores conducindo en dirección contraria entre Nantón, no concello de Cabana de Bergantiños, e Baio, no de Zas, na Autovía da Costa da Morte.
Nas imaxes remitidas a Galicia Confidencial pode verse como os conductores tentan avisar ao kamikaze e outros vechículos teñen que esquivalo.
Segundo fontes da Policía Local de Zas consultadas por GC, o conductor conseguiu saír da autovía á altura de Ponteceso. A Garda Civil investiga xa as imaxes das cámaras do vial para tentar dar con el.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.