Celadores convocan novas protestas contra a reconversión das súas prazas en primaria

Piden á Xunta e ao Sergas unha reunión para falar sobre as súas inquietudes e buscar solucións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2020 | Actualizada ás 10:48

Comparte esta noticia

A Asociación de Celadores Galegos (ACeG) convocou para o vindeiro martes, 28 de xaneiro, novas concentracións e manifestacións contra a reconversión das súas prazas en Atención Primaria e Puntos de Atención Continuada (PAC).

A través dun comunicado, esta asociación explicou que o colectivo de celadores mobilizarase o martes 28 ás 12,00 horas nas entradas principais dos hospitais galegos.

En concreto, protestan contra a reconversión das súas prazas en Atención Primaria e PACs, así como contra a "privatización dos servizos hospitalarios" e esixen esixir que se lles "desenvolva" a súa "cualificación".

"Tamén lle pedimos á Xunta e ao Sergas que nos reciban para poder falar sobre as nosas inquietudes e poder solucionalas polo ben común", concluíron.

Concentración de celadores no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
Concentración de celadores no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Todos somos Primaria

Dende hai 23 anos o persoal administrativo de Primaria é o PSX. Persoal administrativo que, A MAIORES, ten algunha función de celador, o que fai innecesaria á categoría de celador en AP. Esa é a realidade. O problema é que ao persoal celador non lle importa nadiña a realidade. O que están a esixir, con mentiras -reconversión feita hai xa 23 anos (iso nunca o din), o temiña da privatización (onde?), etc- é perpetuar a usurpación das prazas e das funcións dunha categoría superior á súa, cobrando un complemento por iso que iguala os seus soldos aos de PSX e Auxiliar Administrativo. Todo isto co apoio, durante 23 anos, dos máis dos sindicatos. A única categoría prexudicada nesta historia foi e é a de PSX. Así que, por favor, manifestádevos canto quixer, pero sen mentiras. E cunha pouca dignidade. Que iso de manifestarse EN CONTRA doutra categoría do Sergas, á que levades anos usurpando funcións, queda moi feo e é fondamente inxusto.

1 Todos somos Primaria

Isto é moi cansino, pero repetirémolo unha vez máis: a reconversión de prazas de celadores en AP sucedeu hai 23 anos, cando se creou a categoría (estatutaria, a privatización non pinta nada aquí) de Persoal de Servizos Xerais do Sergas. Categoría que se creou sen que auxiliares e celadores desen un chío, porque ambas as dúas categorías preferiron que se crease unha categoría nova antes que asumir funcións que o seu anticuadísimo estatuto de persoal non contemplaba. O PSX do Sergas pertence a un grupo de clasificación superior ao de celador (PSX: grupo C, subgrupo C2, igualiño que os Auxiliares administrativos; celadores, grupo E-Agrupacións Profesionais). E a súa oposición é moito máis esixente que a de celador (ten o dobre de temas específicos, na súa maioría -14 de 16- administrativos).