YouTube revela por primeira vez os seus ingresos publicitarios e asegura combater "as fake news"

Nun informe facilitado por Google, mostraron as súas ganancias de máis de 15.000 millóns de dólares, só en 2019.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 06/02/2020 | Actualizada ás 21:39

Comparte esta noticia

A empresa matriz de Google, Alphabet, revelou nun informe os ingresos por publicidade xerados pola súa plataforma de vídeo YouTube. Durante anos negáronse a facelo. É a primeira vez que os publican desde que Google comprou YouTube en 2006.

A plataforma de búsqueda de vídeos de Google, YouTube.
A plataforma de búsqueda de vídeos de Google, YouTube.

Segundo o reporte, YouTube xerou ao redor de  8.100 millóns de dólares en 2017, 11.500 millóns de dólares en 2018 e 15.100 millóns en 2019, aumentando as ganancias case nun 100% en 2 anos. O informe indica tamén a contribución da plataforma de reproducción de vídeos dun aproximadamente o 10 % dos ingresos totais de Google.

MEDIDAS CONTRA AS 'FAKE NEWS'

A empresa tamén recoñeceu ter amparado 'fake news' e terxiversación da información, sobre todo pola parte dos partidos de extrema dereita. Noutro comunicado  recoñecen "a medida que avancen as eleccións de 2020 en EUA os usuarios visitarán YouTube para coñecer aos candidatos". Aseguran que "aumentamos os esforzos para ter un discuros político saludable".

Para asegurarse de "apoiar mellor as eleccións", eliminarán o contido relacionado con eleccións que viole as súas políticas da comunidade, é dicir, "contido manipulado, contido que pretenda engañar sobre os datos do censo (como falar dunha data de votación incorrecta) ou informacións falsas sobre os outros candidatos políticos".

Tamén pecharán canles que suplanten a identidade dos políticos ou que incrementen artificialmente o número de visitar, likes ou comentarios. Á vez,  "suscitaremos o uso de fontes con credibilidade", introducindo o Top News e Breaking News para resaltar aqueles contidos xornalísticos de maior calidade e fiabilidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta